On Sat, 7 Aug 1999, Alberto García wrote:

>       Eu non estou dicindo que debamos usar galego reintegracionista nin
> mínimos. O portugués tamén se parece ó galego normativo da xunta. Tampouco
> estou dicindo que debamos facelo, símplemente era unha idea ;)

Creo que acabéi contestando ó "subject", non a ti O:-) Comentaba Xulio que
"por exemplo adoptando o galego reintegrado non habería que facer case que
ningún cambio", que é máis ou menos ó que eu me refería coas miñas
respostas. Mais en fin, confunde un comentarios con propostas á primeira de
cambio. Debe de ser o tempo, que me trastorna %-))

Xa que estamos no tema, ¿podería alguén ponernos ó día coas variantes do
galego "estandarizadas"? ¿Qué propón a Academia da Lingua, se é que propón
algo? :-? Por outro lado, ¿fálase galego tipo reintegracional :m en algures?
(físicamente, digo) Todos temos máis ou menos a idea de que o da Xunta só se
fala na Xunta (o que non o fai necesariamente malo, por suposto), mais nos
poucos sitios de Galicia nos que estiven (Lugo e o leste de A Coruña,
principalmente), o que se fala e escribe é moito máis parecido a iso que ó
portugués, que é a min o que me fai pensar que a xente que defende a
re-fusión con esta lingua non son en absoluto mellor cousa que os que
defenden a "amalgama estatística" que se propón o normativo/Xunta.

Quizás non sexa de todas formas este o mellor sitio para falar destas
cousas. Con todo, gustaríame que alguén que saiba do tema me aclarase un
pouco a situación real (ou máis ou menos :-) destas cousas que digo. Senón
aquí, pois en gpul-misc ou donde vos pareza mellor.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a