On Tue, 10 Aug 1999, David Fernandez Vaamonde wrote:

> que eu saiba polo menos Fernando Sanchez e Daniel Sanchez Rama, pois ben
> se queredes organizo eu a traduccion deste documento ?.
> Se non hai ninguen mais interesado, o que fago e repartir en partes iguais

Paréceme moi ben, visto que a xente do GLUG non da sinais de vida :-? De
todas formas, en lugar de repartir en tres partes todo o documento, penso
que sería mellor idea facelo en trozos "abarcables", quero dicir, se son
60.000 liñas e me dis a mín que vaia traducindo as miñas 20.000 pois o mesmo
síntome un pouquiño agobiado e decido deixalo para cando me sobren un par de
meses para dedicarlle ó tema en exclusividade :-)

Penso que unhas 300 liñas (de texto normal, sen ter en conta índices e
similares) por persoa é unha cantidade moi razoable, e desta maneira
poderíase poñer unha lista de trozos para que a xente poda repartirse sen
pensar que lles vai levar media vida o asunto. Polo menos darlle a
oportunidade á xente. ¿Cómo quedaría o traballo repartido desa maneira?

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a