On Sat, 7 Aug 1999, Fernando Sanchez wrote:

> Xa que estamos no tema, ¿podería alguén ponernos ó día coas variantes do
> galego "estandarizadas"? ¿Qué propón a Academia da Lingua, se é que propón
> algo? :-? Por outro lado, ¿fálase galego tipo reintegracional :m en algures?
> (físicamente, digo)

        A esta pregunta podoche responder que nun principio non se fala en
ningures, igual que o normativo. Tanto o galego reintegracionista, o de
minimos e o normativo son normas na escrita. O galego nun principio esta
ben falado de moitas formas, igual que o castelan. O intento que se tivo
coa normalización lingüistica foi tratar de uniformiza-lo galego na
escrita. Poderás comprobar que un arxentino, un andaluz e un galego non
falan o mesmo castelán, ningún e mellor que outro, pero na hora de
escribir todos escriben igual. Pois o mesmo pasa co galego, na fala están
permitidos a gheada e o seseo, pero ninguen escribe con eles.

> o que se fala e escribe é moito máis parecido a iso que ó
> portugués, que é a min o que me fai pensar que a xente que defende a
> re-fusión con esta lingua non son en absoluto mellor cousa que os que
> defenden a "amalgama estatística" que se propón o normativo/Xunta.

        Outra cousa, sería se esa amalgama estadística estivo ben ou mal
feita ... :-?

Saludos

Chema

e-mail -- mailto:j...@mundivia.es
WEB ----- http://personales.mundivia.es/jmcc


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a