Ben; só recordarvos que tedes unha páxina web (ainda que a min me gusta
máis chamarlle "enxendro") en http://www.ctv.es/USERS/jtarrio/trans que
trata de ter todo un pouco centralizado (trata, digo, porque pouco máis é
que unhas poucas ligazóns (Xerais dixit) a directorios e outra páxina que
explica como se usa gettext (os que esteades aqui dende o principio, non
vos molestedes en mirala, que é a mensaxe que puxen tan pronto me
"aclamastes" coordinador...)

 Ben; por outro lado, estiven tentando actualiza-la lista; pode ser que
non o esté todo o que debería, así que de novo, se alguén está traballando
na traducción dun paquete que eu non liste aquí, por favor, que me avise;
tamén se ve que o puxen como "non rematado" e rematou, ou ó revés...
ou se vai comezar unha traducción, que me pida o paquete, para que non 
anden dous traducindo no mesmo... polo menos, que a lista poida servir
como guía para os que queiran traducir algo... e falando de guías, vou
poñer tamén a lista famosa na web... (hala, xa está). Na seguinte mensaxe
xa vai a lista, para que lle botedes un ollo .-)

 E, ¿que máis ía dicir? Ah, si.. teño os seguintes paquetes traducidos na
miña páxina:

apt_gl.po.bz2
ee.gl.po.bz2
gedit.gl.po.bz2
glade_gl.po.bz2
gnome-media_gl.po.bz2
grep-2.2f_gl.po.bz2
hello-1.3.22_gl.po.bz2
textutils_gl.po.bz2
xchat_gl.po.bz2

 Fan un total de... 3 máis 4, e levo 1... menos 2... 9, paquete arriba,
paquete abaixo... :-) Na páxina web di que hai 13 rematados, ¿que se fixo
deses 4 paquetes? ¿onde vai a súa fermosura? ¿os seus sorrisos? ¿onde van
as súas gracias, os seus xogos, os...?

 Ui, perdón, xa ía no "ubi sunt"; creo que me favorece máis o "carpe
diem", ¿non é? :DD (estou en plan regresivo total; xa vou no barroco, e
pronto chegarei ao Renacemento; xa non hai máis dun paso de aí á
latinitas classica; ups :-))).

 Déixovos en paz polo de agora para que estudiedes :DDD

Hasta luego:

   Tarrío                                             Fidonet: 2:348/102.11
(Compostela)

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a