On Fri, 27 Aug 1999, Julio jose Gomez Diaz wrote:

> >ligazón (de ligar). s. f. 1. Unión, vínculo, xunción. 2. Relación.
> Enlace, quizais??

Eu voto tamén por "enlace". Tanto en galego como en castelán temos as mesmas
dous palabras, significando as mesmas cousas nas dúas linguas. Pero os
significados dos dous termos non coinciden, ainda que a definición do
diccionario asemelle igual: enlace refírese ó "vencello", á relación entre
dous partes, tal como é por exemplo nun enlace a outro documento en
hipertexto. Ligazón refírese máis ben á "cousa física" que une, non tanto á
relación; por exemplo, dúas persoas se casan e na boda exprésase o seu
"enlace", do que a "ligazón" son os sentimentos que se profesan. Penso eu,
polo menos :-)

Ainda pensando que fosen sinónimos, "enlace" paréceme máis axeitada posto
que resultaría seguramente máis "intuitiva" para os futuros usuarios do
programa. Penso eu, tamén :-))

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a