Ola,

        Esta tarde, como non tiña ganas de estudiar, púxenme a facer algo
que xa levaba pensando bastante tempo.  Traducir algún programa ó galego.

        Como había tempo que mirara que non existía nengún grupo de
traducción (en g...@ll.org), pensei que ninguén se organizara aínda, e
comecei a traducir os programas que me petaron.

        Menos mal que esta noite atopei a Xacobe no IRC, e faloume deste
grupo, despóis de borregarlle pola pouca publicidade que ten o asunto. ;-)

        Aínda que estiven só unha tarde, deume tempo a traducir os paquetes
gnome-libs, grep, gtk+, e máis unha parte de fileutils.  Polo menos tres de
eles aínda non están traducidos.  É unha lástima o grep, pero xa non hai
arranxo.

        Pola miña parte, máis nada.  Espero colaborar activamente nesta
lista.  Penso que é moi importante homoxeneiza-las palabras e as expresións
usadas nas traduccións.  Se aínda non existe nada parecido, estes días
porei unha pequena lista que fixen mentres traducía.

        Tamén penso que teríamos que facer unha etapa intermedia.  Unha vez
feita a traducción, habería que deixar un tempo de revisión, e discusión
das posibles alternativas.

        Mañá ou pasado mañá tentarei de envia-la carta á FSF.  Se me
podedes resumir o que hai que facer, gañarei bastante tempo.  (Xa teño a
folla do disclaimer)

        E... ben, algo persoal, para que non me coñeza de FiC BBS... vivo
en Madrid, vivín oito anos en Coruña e tres en Tui.  Teño 20 anos, i
estudio Telecomunicacións.  E non me apetece contar máis nada. X')

        Deica logo.

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a