Ola,

        Póñovos aquí a lista da que os falei onte.  Aínda faltan moitas
palabras, claro, e algunhas habería que cambialas.

                  gl                  es                   pt

File   ->      Ficheiro           Archivo/Fichero         Ficheiro

        Aquí a dúbeda é o menú "Archivo" en castelán.  Eu prefiro chamalo
tamén "Ficheiro"

Usage  ->    Modo de emprego           Uso               Utilizaç~ao
you    ->       vostede              usted                voçê

        Creo que é mellor tratar de vostede ó usuario. ;-)

infinitivo ->     inf.              inf./3ª pers.        inf./3ª pers.

        Xa sei que isto é un pouco críptico.  Refírome a cousas coma esta:

msgid "Close the current file"
msgstr "Pecha-lo ficheiro actual"
msgstr "Pecha o ficheiro actual"

        No primeiro caso, ¿sería así ou "Pechar o ficheiro actual"? :-???

settings ->    parámetros         configuración          parâmetros
window  ->      fiestra              ventana              janela

        ¿Fiestra ou ventá?  Esa é a cuestión. X')

save    ->       gardar              guardar              gravar
paste   ->       pegar               pegar                 colar
clipboard ->   portapapéis???       portapapeles          clipboard
again  ->      outra vez            de nuevo              novamente

        Esta é un pouquiño parva... ;-)

start  ->       comezar             iniciar             iniciar/começar
manager ->      xestor           gestor/controlador        gestor
run     ->     executar/correr     lanzar/correr        ejecutar/correr
flag    ->       flag                 flag
can't find ->  Non se pode ...   Imposible encon....   N~ao encontro...

        Aquí o que quero é facer ó ordenador impersoal.  Non me gusta a
opción portuguesa, no que fala o ordenador en primeira persoa.

OK      ->      Aceptar              Aceptar                OK
clear   ->      limpar               borrar                limpar
remove  ->      quitar               borrar               remover
Accelerator ->  atallo             acelerador             atalho
Item   ->      elemento             entrada                item
default ->    predeterminada      predeterminada        por omiss~ao

        Iso é o que teño polo momento.  Aínda quedan centos delas, mais por
algo se comeza. ;-)

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a