On Tue, 31 Aug 1999, Jesus Bravo Alvarez wrote:

>       Aquí a dúbeda é o menú "Archivo" en castelán.  Eu prefiro chamalo
> tamén "Ficheiro"

A diferencia entre arquivo e ficheiro en galego creo que é a mesma que en
castelán. Máis ou menos, nun arquivo hai ficheiros -> no caso da informática
sóese falar de arquivos referíndose ás "agrupacións" de ficheiros (un .tar é
un arquivo, por exemplo), e de ficheiros como conxuntos de datos, programas
etc. "unitarios".

>       ¿Fiestra ou ventá?  Esa é a cuestión. X')

¿Non son sinónimos? :-?

>       Aquí o que quero é facer ó ordenador impersoal.  Non me gusta a
> opción portuguesa, no que fala o ordenador en primeira persoa.

Estou de acordo contigo no de que queda mellor que o ordenador trate de
vostede ó usuario, e que non se teña a si mesmo por persoa tampouco :-)

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a