Tue, Aug 31, 1999 at 04:43:16PM +0200, Jose Dapena escribió:

>> Usage  ->    Modo de emprego           Uso               Utilizaç~ao
>
>       Esta non me convence demasiado. Seguro que hai algo mellor...
>¿Ideas?

        Hai que pensalo ben... Nen se che ocorra "usaxe".  No meu
diccionario di que é "costume habitual". X')

>> msgstr "Pecha-lo ficheiro actual"
>> msgstr "Pecha o ficheiro actual"
>> 
>>      No primeiro caso, ¿sería así ou "Pechar o ficheiro actual"? :-???
>       "Pecha-lo ficheiro actual", claro.

        Vale, ¿agora cál das dúas collemos? :-)

>> settings ->    parámetros         configuración          parâmetros
>
>       O de parámetros non o vexo claro. Dende logo non é nada natural, e
>non da a idea do que é, polo menos nun programa con GUI: unha serie de
>datos que determinan o comportamento do programa. Non é como unha función
>na que cambias algúns parámetros (como sí é nun programa en línea de
>comando), senon máis ben cambiar o comportamento do programa. A min
>paréceme moito máis natural neste caso configuración, no senso de
>equivalente a "disposición dos elementos dun conxunto", un conxunto neste
>caso de datos, que afectan ó programa.

        Ben... eu escollín esa palabra porque nas traduccións a castelán
úsase de cando en vez "configuraciones", que tampouco soa moi ben.

        A outra alternativa é "axustes", pero non sempre encaixa ben.

>>      ¿Fiestra ou ventá?  Esa é a cuestión. X')
>
>       Aquí usan ventá sempre, iso de fiestra pouquiño pouquiño. Pero
>supoño que en outros lados diran outras cousas. E principalmente seguro
>que hai unha variante preferente na RALG.

        Imaxino que será "fiestra".  Eu non teño ocasión de miralo, aquí só
podo acceder ó meu diccionario Xeráis. X')

>> clipboard ->   portapapéis???       portapapeles          clipboard
>
>       Maletín X-) Rileira X-)) ¿Cómo se chama en galego esa lámina de
>cartón plastificado tamano folio, que ten un clip sofisticado na súa
>parte superior, e que en castelán se chama portafolios ou portapapeles, e
>que en inglés se chama clipboard ou portfolio? No diccionario non ven

        Non che sei, meu fillo. :-)

>portapapéis, nin portafolios, nin clipboard.

        ¿Por qué cres que puxen tres interrogantes? X'D

>> run     ->     executar/correr     lanzar/correr        ejecutar/correr
>
>       O de executar... Sí, é a máis correcta, no senso de "levar a cabo"
>ou "realizar". Ademáis, parece que a tradición é clara neste aspecto.
>Cousa que non ten de ningunha forma a favor o termo "correr".

        A dualidade á que facía referencia é que non é o mesmo "to run" que
"running".  Executar parece axeitado para "to run", mais non tanto para
"running".  Pero penso que poderemos vivir con "está a se executar".

>> flag    ->       flag                 flag
>
>       Un exemplo donde a traducción segue sendo bastante clara (polo
>menos tan clara como no idioma orixinal), e por razóns arbitrarias non se
>asume.
>
>       "Bandera" era o que escribía Andrés R. Samudio na MicroHobby, en
>castelán, e todos sabiamos a qué se refería.

        Cambiareino, entón, tiña a dúbida de se todo o mundo o entendería,
pero coido que tes razón.

        ¿Tes ti o significado de "bandeirola"? Quén sabe, igual podería
facilita-la comprensión. :-)

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a