On Wed, 1 Sep 1999, Jesus Bravo Alvarez wrote:

>       Pero o segundo implica ó primeiro. }:)  Ademáis, "linux-gl" é moito
> más sinxelo, bonito e práctico que "gpul-traduccion" (vaia nome) :-D

:-) Aclaremos: o asunto é que nesta lista se coordina o proxecto de
traducción de software e documentación de Linux ó galego, que se concretou
hai uns meses como proxecto do GPUL. Non se trata dunha iniciativa
pangalaica :-) ou similar, senón dun proxecto concreto que pode incumbir a
máis ou menos xente e que por suposto está aberto ás colaboracións de todo o
que queira apuntarse a colaborar.

En GPUL levamos a cabo varios proxectos, algúns dos que teñen a súa propia
lista de correo (que se chaman todas gpul-algunhacousa), como é o caso
concreto do proxecto de traducción ó galego. As listas están aloxadas nun
servidor da Universidade da Coruña, no que GPUL ten permiso para poner
páxinas web, listas de correo e outras cousas. Sendo éste un traballo de
traducción concreto iniciado neste grupo, no que a meirande parte dos
colaboradores son membros seus, que coa excepción de que Jacobo non
quere/sabe usar CVS e non pon á páxina web no mesmo servidor, tódolos demáis
recursos úsanse como en calquer outro proxecto, non veo por qué ia ninguén
pensar que isto non tivese que ver con GPUL. Así pois, gpul-traducción é un
nome bastante adecuado e non hai razón para oculta-las nosas siglas en
ningunha parte :-)

>       O que si que é insubstituible é o domino "ceu.fi.udc.es". ;-)  Que
> a ninguén se lle ocorra cambialo a uvigo.es. X''DDD

Pois xa tivemos noticias de xente de alí que quería apuntarse tamén :-), e
non lle veo nada de malo ;-) (aparte dos vigueses estudiantes na UDC que
participan tamén nesta lista :-))

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a