Thu, Sep 02, 1999 at 01:43:05AM +0200, Fernando Sanchez escribió:

>>      I este proxecto non me parece precisamente "concreto".  Non é tan
>
>Creo que non entendo o teu concepto de "concreto", entón :-) Pode ser
>cuestión de gustos.

        A ver, como proxecto concreto póñoche por exemplo o GGL.  É unha
opción máis dentro das librerías para xogos que xa hai en Linux.  Outro
grupo pode crear outra, pero en principio supoño que quereredes facelo só
entre os membros do grupo.

>> razóns, non sairán do GPUL e non serán apenas coñecidos por persoas alleas.
>> Pero a traducción dun sistema operativo ó galego sáese dese marco.  Se é un
>
>Entendo perfectamente o que dis. E desde logo, estou de acordo en que con
>máis publicidade (algunha, debería dicir :) seriamos máis a traballar e
>rematariamos todo antes.

        Non só rematar, hai moitas cousas que revisar, palabras que
correxir (o uso dalgunhas palabras depende moito da zona de Galicia)

>>      En canto ós recursos, pareceríame moi triste que a UDC só os dése
>> para proxectos internos da universidade.  Pódoche poñer un exemplo.
>
>Home, tan triste non sería :-) De todas formas non é o caso, claro.

        A mín pareceríame triste. ;-)  Carallo, se unha Universidade non
pode ofrecer recursos para cousas de ese tipo, non sei quén os vai ofrecer.
:-DDD

>> nome da lista (á fin a miña mensaxe só falaba disto) non aparece o nome
>> "eurielec" máis que no dominio.
>
>Supoño que se tivesemos un dominio gpul.fi.udc.es, por exemplo, non habería
>necesidade ningunha de andarlle poñendo a palabriña a tódalas listas :-)

        ¿É que o ceu non pode manter unha lista do GPUL sen te-lo nome
posto? :-?

        Por certo, ¿a quén podo "facer suxerencias" sobre o do dominio?  Na
miña facultad, tódalas asociacións podemos te-lo noso dominio, se así o
desexamos. :-)))))

>>      ¿E quén ía pensar que non ten nada que ver co GPUL? Se é o GPUL
>> quen iniciou o proxecto, e o que o coordina, e o que máis membros aporta
>
>¿Entón qué máis ten que se poña ou non o nome? X-) ;-)

        X')  É sinxelo, o nome "gpul-traduccion" parece que é o dunha lista
dun proxecto interno do gpul.  Ó mellor dende dentro non da esa impresión,
pero dende fora si...

        É coma se a páxina oficial fose: http://ceu.fi.udc.es/GPUL/proxecto1
Paréceme máis razoable http://ceu.fi.udc.es/GPUL/linux-gl

        Aínda que a razoabilidade teña pouco que facer na Internet. X')

>>      Tampouco falei de cambiar de coordinador, ou de servidor
>
>Só faltaba :-) Iasenos molestar o Sr. Jacobo, que aquí é quen manda, xa
>:-)) sabes Mira que parece tranquiliño pero como o cabrees... (dígocho eu,
>que unha vez lle pedín cartos :'-m :)

        Cala, cala, que o outro día case o fago rabexar no IRC. X')

>>      Como coñézome a mín mesmo, tamén coñezo a moita outra xente.  E o
>> que pensaría moita desa xente é: "Mellor non molesto nun proxecto dunha
>> asociación á que son alleo"
>
>¿Dis que se fixesemos propaganda abondo para que todo o mundo coñecese da
>existencia do proxecto e que tendo de todas formas claro todo o mundo que o
>proxecto foi iniciado, coordinado e aloxado por GPUL como dis, a xente iase
>botar para atrás porque a lista se chame gpul-*? Pero tío X-)
>
>En fin, que ata agora ninguén tivo problema co nome e sinceramente, non creo
>que a xente lle preste ningunha atención a si se chama gpul-traduccion ou
>pamela-anderson-rules; o que importa é o que se fala nela e o traballo que
>se vai coordinando e deixando feito e iso non o vai cambiar.

        Non é só iso.  Ti mesmo dixeches: "É un proxecto do GPUL, non é un
proxecto pangalaico".

        Para mín hai unha enorme diferencia entre "Un proxecto do GPUL para
a traducción ó galego" e "Un proxecto para a traducción ó galego impulsado
polo GPUL". :-)

>>      ¡Faltaría máis! ¿Por qué ía ser malo? :-?  Eu só falaba do dominio,
>> do feito de estar en Coruña e non en Vigo.  É simplemente un gusto persoal.
>
>Si, si, xa quedou claro :-)

        Logo que non me chamen turco. O:)))

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a