O Wed  8 Sep 1999 17:08:29 +0200, Jesus Bravo Alvarez escribía:

>       Se se vai poñer "canalización", penso que o de "rota" non queda moi
> aló... Porque unha tubería se pode romper, pero unha canalización
> normalmente se "interrompe".

 Ben, 'canalización', a máis de 'acto de canalizar' é o conxunto de
tuberías, conduccións, acueductos, oleoductos, etc, que, polo tanto, tamén
pode romper :-PPPP

 (Traducín 'pipe' por canalización porque é a traducción que máis me gustou
das que vin -- ademáis era a primeira, e teño tendencia a quedarme cunha
palabra tal e como a escoito/leo por primeira vez --; 'tubería' non me gusta
nada, e menos aínda 'tubo' :-)))) ¿Alguén coñece algunha boa traducción? :-)

-- 

   Tarrío                                             Fidonet: 2:348/102.11
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a