Fri, Sep 10, 1999 at 02:06:23PM +0200, Jose Dapena escribió:

>       Estiven falando onte co "presidente" do GLUG. A páxina oficial do
>proxecto de traducción de Linux ó galego GZlinux está ubicado na páxina
>       http://futura.interbook.net/~creque
>
>       Parece que están pegándolle ó LDP e ós HOWTOs. E sendo o proxecto
>GZlinux, posiblemente non usen galego normativo. A ver se un día de estes
>baixo o único texto que xa teñen listo...

        Estiven a mira-la páxina, e baixei algún documento, e (menos mal)
usan galego normativo.

        E volto de novo ós temas off-topic.  Dende fora, mirando o que
pasa, semella que vos levades a morrer, o GLUG e o GPUL. :-?  Imaxino que é
estúpido, pero é o que vexo eu do único que vos coñezo...

        E volto a dicir o que puxen aquí hai dez días.  En lugar dun
proxecto "pangalaico" (góstame esa palabriña :-) ), existen un proxecto do
GLUG chamado "GZ Linux", e outro do GPUL chamado "traduccion" ;)

        E se se miran as páxinas dos dous proxectos, ¡non aparece por
ningures o outro!  Dúas listas diferentes, dúas páxinas diferentes, canles
de IRC que existen nun lado e non no outro... Nin sequera se adican a
cousas completamente diferentes, pois no do GPUL tamén se fan traduccións
de manuais...

        En fin, unha de dúas, ou teño razón, ou non me entero de nada e
tería que ir pasar uns días a Coruña.  X'D  A ver se me dicides algo
coherente. :-)))))

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a