Sun, Sep 12, 1999 at 11:06:35AM +0200, Francisco Xose Vazquez Grandal escribió:

>>         ¿Entón Francisco Xosé, que está a face-la traducción dos
>> documentos, é do GZLinux ou do "gpul-traduccion"? :-?
>
>Eu son independiente, non pertenzo a ningun grupo. O que pasa e que me parecia
>interesante suscribirme á lista de correo do gpul por ver se habia algen 
>facendo
>o mesmo e mais para compartir opinións con xente que tamen está traducindo.
>Eu de feito xa comezara a traduccion da guía do usuario GNOME antes de coñecer 
>a
>existencia destes grupos organizados. Ó fin e o cabo non imos limitar un 
>traballo
>de interese xeral por non pertencer a un grupo determinado.

        Entón estás na mesma situación ca min.  Eu tamén vou por libre, e
tamén comezara antes a traducir, pola miña conta.

        E non digo nada sobre suscribirse ás listas, xa que está ben claro
que son abertas.

        Pero paréceme bastante mal que ti e mais eu comezásemos a traducir
antes de coñece-los proxectos.  E non é culpa nosa.  Paréceme tamén
bastante mal que non haixa ningún tipo de coordinación entre os dous
grupos.  Se fose así, alguén, ou algunha páxina web, diríache que te
subscribises á outra lista, xa que é a adicada ás traduccións de manuais.

        E o traballo non se vai limitar, ninguén pensa deixar de traducir
por mor disto (eu si, polo menos ata que remate os exames) X'))))

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a