CrEqUe escribíanos o 19 de Sep de 1999:

> antes de nada, se alguén lle molesta que estea nesta lista ou tal que o
> diga, e que me propoña outros métodos para comunicármonos.

        A min paréceme estupendo que esteas na lista.

> 1- vos só vos adicades a programas non?

        Teño entendido que tamen hai alguen aquí que está a traducir o
manual de Debian.

> 2- a outro membro de gzlinux ocorréuselle a idea de xuntar digamos nunha
> "plataforma" os dous proxectos de traducción. é dicir, algo asi como ter
> o proxecto TGLUG (Traducción ao galego LUG) e que nas páxinas estea

        Home, non sei se ese nome... E que asociar un LUG só a un proxecto
paréceme un tanto esaxerado, non sei que pensarán os demáis. En caso de
facer iso que comentas, penso que un nome curioso podía ser o que xa propuxo
alguén na lista, LEGAL (Linux En Galego).

> tanto documentación como programas. ben, isto é só unha idea, só quero
> saber que impresión tedes sobre isto.

        Penso que ter toda a traducción mais ou menos centralizada é unha
boa cousa, a min a idea paréceme ben, e sobre o nome, xa din a miña opinión
:)

Saudos!
-- 
"A intelixencia artificial xamais poderá supera-la estupidez natural" 
                                                             Santiago Souto
  _
 /_) \/ / /  email: mailto:r...@mundivia.es
/ \  / (_/   www  : http://programacion.mundivia.es/ryu
[ GGL developer ] & [ IRCore developer ] & [ GPUL member ]
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a