olá meus:

pois aproveitando o feito coxuntural de que o miño non pasa por escocia
e que estou nesta lista, busco consello sobre o seguinte tema:

vou comezar a estudiar ET Inf de Sistemas, primeiro curso claro. seguro
que moitos de vós estades ou estivestes nesta situación ...

teño 10 asignaturas cuatrimestrais troncais/obrigatorias, e 8 créditos
para libre conf que podo deixar para outros cursos. son 7 créditos en
todas as asignaturas da carreira, así que necesito cursar 2; e elexirei
entre as da propia carreira, que son todas as optativas de 3º.

son 15 optativas de 3º, e case todas son de programación ou orientadas á
intelixencia artificial que "necesitan" estudios previos sobre a materia
de segundo curso ou por ahí, así que opto por 'Periféricos' e 'Sistemas
en tempo real', do 1º e 2º cuatrimestre respectivamente. fago ben?
"necesito" tamén estudios previos doutras asignaturas antes ca estas?
cales me recomendades, se teñen que ser dúas e cada unha dun
cuatrimentre diferente a poder ser? ...?

PD: estou decidido a facer o que digo, así que a non ser que creades que
cometo un grave erro non me fai falta consello sobre o resto:
simplemente se é mellor coller estas en 2º ou 3º por necesitar de
coñecementos sobre outras asignaturas, e cales debería coller neste
caso.

PD2: non importa que os datos que me deades sexan precisos, que non haxa
estas asignaturas nas vosas facultades ... simplemente busco orientación
:)

 
gracinhas por adiantado aburinho!!

CrEqUe  <cre...@futura.interbook.net>


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a