O Sat 25 Sep 1999 12:37:01 +0200, Jesus Bravo Alvarez escribía:

>       Estiven a falar hai uns días con Miguel de Icaza, sobre a traducción
> dos programas de GNOME.

 Supoño que en mexicano, ¿non? Que se nón igual non nos entendía X-DDD

>       Semella que o xeito máis habitual de actualiza-las traduccións é por
> CVS.  Así que, case sen pedirllo, deume unha conta no servidor. (Miguel

 Ben, pois hala, ti coordinas GNOME :-PPPP

> ponse moi ledo cando lle din que alguén está a traducir GNOME a calquera
> lingua) X')))

 Non me estraña :-) Anda, dille que eu son o coordinador do proxecto :DDD

>       O feito de que o sistema sexa o CVS implica que haxa que botar de
> cando en vez unha ollada ós paquetes para ver se teñen novas cadeas a

 ¿Anuncian os ficheiros novos/cambiados por mail?

>       Outra cousa máis.  Non fai falla que enviarade-lo disclaimer, e os
> .po que fagades non teñen por qué ser Copyright da FSF, senón voso.

 Ajá, logo GNOME non é de GNU. Xa me parecía. Pois vouvos cambia-lo
copyright das traduccións de GNOME da FSF a vós mesmos, que, carallo, tedes
dereito :-)

>       Esta e a miña lista de paquetes de GNOME.  Os que teñen asteriscos
> son os que aínda non se remataron.  Xacobe, se fas o favor, engádeos á túa
> lista (ou fai dous separadas) para ter todo ben coordinado:

 Vale, engádoos, pero mellor ten ti a información sobre as versións dos
paquetes, que eu non a teño na miña lista (poñeríaa de non ser que ata hai
pouco anunciaban as novas versións, pero agora non... hei de mirar no
servidor do TP [Translation Project] e actualiza-lo formato da lista...

> gcad

 ¿gcad ou gcal? Incluíno, pero por favor, confírmamo :-)

> dr-genius

 Este programa viña co meu rato, hai uns nove anos :-?

 Confírmamo; polo momento non o incluín :-m.

 Os demais paquetes xa están incluidos... de antes ou de agora X-))

>       Agora ven a pregunta.  Podemos facer dúas cousas: 1.- Ir enviando
> os paquetes que xa temos.

 Case que mellor isto, ¿non? :-) Na miña potato xa hai un directorio eu/ e
outro ca/ (cos seus correspondentes eu_ES e ca_ES) e quero superalos en
paquetes X-DDDDD

>       E tamén habería que cuestionar algo parecido coas utilidades GNU.
> Eu xa recibín a confirmación do disclaimer, ¿e vos?

 Eu preguntei ao meu amigo François Pinard [ ;-) ] a ver que pasa co bash e
se me confirman o recibo do disclaimer ou que :-)

-- 

   Tarrío                                          Fidonet: 2:348/102.11
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a