Respecto das dubidas linguísticas: 

>       ¿E para qué? ¡Se é un cabeza tola!  Esquécese de min ós dous
> minutos de ter falado comigo. X')))
> 
>       (Por certo, a ver se alguén pódeme explicar un pouquiño a
> "legalidade" deses verbos pseudo-compostos co verbo ter) O:)

Exemplos sacados do Manual de linguaxe administrativa:

Correctos:
        temos feito a conta (varias veces)
        alegrome de ter falado contigo do asunto
        xa terá pasado dos noventa
        temos feita a conta (xa está rematada)
        
Incorrectos:
        temos publicado onte a resolucion (debería ser publicamos)
        poderan concursar aqueles que tiveran pagado (sería pagasen)


>       É unha calculadora desas con linguaxe propio, e que che fai a
> comida con un pouco de sorte.  I esta si que está activa. :-)
> 
>       (Xa que estamos, outra dúbida.  ¿Cando hai que poñer "i" no lugar
> de "e"? ¿Algunha vez, nunca?)

Sacado do Dicc. de dúbidas da lingua (galaxia) 

i: a conxunción copulativa é sempre e.(...) Graficamente representaremola 
sempre e, ...

Por certo este dicc. é moi recomendable.

Xaquin
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a