O día 29/Sep/1999, Jesus Bravo Alvarez escribía:

>       (Por certo, a ver se alguén pódeme explicar un pouquiño a
> "legalidade" deses verbos pseudo-compostos co verbo ter) O:)

        Xa te contestou moita xente co tema, así que non vou eu a darte outro
discurso :-) Só dicir que o que hai que ollar é usa-lo infinitivo conxugado
cando cómpre:

        "Termos feito a traducción xa é un bo choio"
        "O teren cambiado os programas, a cousa enrédase"

        Non me acordo moi ben destas cousas (os meus tempos de COU xa quedan
lonxe :-)), mais creo que os dous exemplos estes son correctos. Aínda vou ter
que busca-lo libro de COU para repasar algo %-D

>       Si, eu mantereina, dicíao sobre todo para a coordinación de quén
> está a facer cada paquete, e se hai alguén que aínda non traduciu ningún se
> anime.

        Eu levo mooooito sen traducir nada O:-) Supoño que agora que comeza o
curso, e que hai que estudiar, é o momento axeitado para comezar de novo %-D
Primeiro actualizarei as traduccións de mutt (gracias polo .pot ;-)) e os outros
cousos que xa teño traducidos, e logo atacarei os novos que aínda non comecei
:-)

>       O do éuscaro (vaia palabrón) é sinxelo, o do catalán non tanto, xa

        ¿Euscaro? :-? ¿Euskera, queres dicir? :-?

<OFFTOPIC>

        E ben simpático o do euskera. Resulta que moitas das palabras que se
usan foron inventadas recentemente, e a súa traducción rigorosa revela unhas
cantas sorpresas. Por exemplo: Euskadi (escrito "Euzkadi", creo) ven a
significar algo así como "Vexetales adoradores do sol" :-D Ou unha trapallada
polo estilo. E todo isto contado por un filólogo vasco (Josu Gómez, de Gusgus
BBS), non é que o inventara eu :-) O xeito correcto de nomear toda a rexión
vasco falante e afín é Euskal Herría, como din os de EH, ex HB.

</OFFTOPIC>

-- 
     Roberto Suarez Soto      ·          If it doesn't work, force it.
     ask...@bigfoot.com       ·    If it breaks, it needed replacing anyway.
  Corgo/Lugo/Galicia/Spain    ·
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a