Hola

On Wed, 6 Oct 1999, Jacobo Tarrio wrote:

>  Acabo de ver en www.es.gnu.org que hai traduccións da GPL a outros
> idiomas... e vexo que hai unha en galego, sorrío :-) e premo, sospeitando
> que cun 75% de probabilidades iso irá en reintegracionista AKA portugués...
> e xusto (http://members.xoom.com/RamonFlores/GNU/gpl.html).
> 
>  ¿Facemos nós, para combatela, a nosa propia versión en galego normativo
> da traducción da GPL (é dicir, traducímola dende cero), e enviámola a FSF,
> como "galego normativo", dicíndolles que o outro usa unha gramática
> reintegracionista tan cerrada que ainda non se sabe se é portugués ou
> galego? :DD


Eu deixaria a cousa como está. Creo que so ten valor legal a version 
inglesa, e ainda que así non fose, non paga a pena pasar o traballo de 
traducir esa morea de texto.
Por outro lado deberiamos manter unha actitude de tolerancia coa xente 
que usa outra normativa, ainda que o proxecto parte do uso da normativa 
"oficial". Parece que a medio prazo vaise a unha normativa de consenso. 
(hai dias Nogueira falou en portugues en Bruselas e Casares dixo que a 
normativa do galego estaba aillando o idioma, e supoño que esto é 
sintomático).

Xaquin

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a