Fri, Oct 08, 1999 at 02:36:03PM +0200, Julio jose Gomez Diaz escribiu:

>>      Xa te contestou moita xente co tema, así que non vou eu a darte outro
>>discurso :-) Só dicir que o que hai que ollar é usa-lo infinitivo conxugado
>>cando cómpre:
>
>   Ese pronomes átonos, hai que colocalos ben  que te deixan quedar mal.
>       Neste caso sería "Xa che..." e "darche..." ademais sen dúbida posible.
>;-))

        ¿É os que somos da zona de teísmo? :-P :-D

        No meu caso, ten algo de verdade, xa que ata os 3 anos vivín en Tui,
e a miña nai é de por aquela zona. :-)  Pero non é a causa, eu fago ás
veces eses erros polo poco uso, e porque escribir unha mensaxe en galego
cando che están a falar por detrás en castelán... ;-)

        O que che pediría é que estas mensaxes llas enviases directamente a
quen cometeu o erro, deste xeito:

1.- Non enchirás esta lista (xa bastante nos pasamos)
2.- Ó non cumprire-lo punto anterior, enviarás máis mensaxes coma este
cando nos trabuquemos.

        O segundo é un prego.  Por favor, se atopades algún erro gramatical
deste tipo, avisádemo, xa que igual nin me decato.  Pero sen deixar de
cumpri-lo punto número un. ;-)

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a