Xaquin Lores Torres escribíanos o 19 de Oct de 1999:

> Os administradores de servidores empresariais saben inglés, prefiren a 
> doc. en inglés porque ten menos posibilidades de erros, é mais recente e 
> mais abundante. NON necesitan a traduccion.
> 
> Quédanos o usuario final. Tomando como usuario final unha persoa que ten 

        :-?

        E logo eu que son? Eu non son un administrador de servidor
empresarial, nin penso que o vaia ser nunca (o meu e programar), e tampouco
son un usuario coma ti o defines mais adiante...

        E que imos ver, eu coñezo MOITA xente que usa Linux, e de todos
eles, so tres son administradores dalgunha rede que precisa realmente
administración. E o resto, salvo un par de casos, nin son administradores,
mais que da sua propia máquina.

        Resumindo, que e xerundio:
        1. Netscape xa o andan a traducir.
        2. StarOffice non corre presa, para catro persoas que o usan cinco
           minutos... Úsase bastante mais o pine/mutt/balsa, gnome-panel,
           gmc, e similares...
        3. Hai moitas ferramentas GPL que usamos a diario que estan sen
        traducir ainda.

> Podemos ser realistas e asimilar que por agora Mozilla non é a solución e 
> que non hai suite GPL, ou podemos negar esta realidade.

        E logo que lle pasa ó último Mozilla? Home, eu probei o penúltimo e
a verdade e que para navegar paréceme abondo... De tódolos xeitos un
navegador web é das cousas nas que menos se fixa un na traducción, porque
case nunca ten que ler texto do propio navegador.

        Non hai suite GPL, pero que porcentaxe de xente "Linuxeira" usa esas
suites regularmente? e xente que usa o gnome-panel?

> En resume, creo que non debemos usar o criterio do tipo de licencia á 
> hora de decidir que programas traducir. 

        Non é para decidir cales traducir, senon para asignar prioridades.
De todos modos, eu, personalmente, négome a traducir un programa comercial.
(comercial non inclúe nin Netscape nin StarOffice, inclue Civilization III
por exemplo).

> Considero que a existencia de algo como Netscape en galego é crítico para 
> o exito do proxecto de traducción.

        Pero se no netscape case nunca precisas a traducción, ti o cargas,
pos a dirección e tiras millas. Home, igual un de cada 8 anos tes que
configurarlle algo...

> Nota: por éxito entendo que sexa usado por mais xente que nos mesmos e 
> asimilados (estudiantes de informática)

        Que sexa usado o qué? O Netscape? As traduccións?

> Disgresion: pensade que pasaría se tivesemos traducido gcc, libc, etc., e 
> non tivesemos o bash. Que os programadores estarian contentos e os 
> usuarios non, e cal é a ratio usuarios/programadores no mundo Windows, e 
> no mundo linux?

        E logo que lle pasa ó bash? Eu cría que o GNU bash tiña licencia GPL
:-m Non entendo ese símil... Eu uso o bash seguido, é unha desas cousas
imprescindibles, pero o Netscape non... E non creo eu que un "usuario" de
Linux deses que dis ti teñan o Netscape facendo de intérprete de comandos...
        Por qué che parece tan básico o netscape? Só se usa como moito media
hora ó día no ratiño que tes para conectar a internet...
-- 
  _
 /_) \/ / /  email: mailto:r...@mundivia.es
/ \  / (_/   www  : http://programacion.mundivia.es/ryu
[ GGL developer ] & [ IRCore developer ] & [ GPUL member ]
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a