Xa está preparado o CVS para o proxecto de traducción (xa ía sendo hora
:D). Os que queirades unha conta nel, avisádeme e dicídeme un contrasinal
(mellor se o enviades xa encriptado con makepasswd ou copiado do
/etc/passwd, por motivos de seguridade :-)).

 CVS é un sistema polo que calqueira que teña un contrasinal pode
actualiza-la copia do seu ficheiro que se atopa no servidor, directamente, e
enviando só as partes do ficheiro que cambiaron; tamén isto permite que os
demais teñan sempre a derradeira versión, actualizada, do traballo dos
demais :-)

 É conveniente que vos rexistredes pronto co CVS porque dende hai un tempo
ando un pouco preguiceiro e as versións dispoñibles non son as derradeiras
O:-) así que xa practicades, de paso O:-)

-- 
     Jacobo Tarrío Barreiro                Don't finger me for PGP key :)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe
  • CVS Jacobo Tarrio

Responderlle a