olá:

Jacobo Tarrio wrote:
> 
> O Sat 18 Dec 1999 20:04:42 +0000, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:
> 
> > a ver se á terceira vai a vencida ;)))))))
> 
>  ¿Pero que queres que comente? :-)
> 
> --
> 
>    Tarrío                                          Fidonet: 2:348/102.11
> (Compostela)

non me refiro a ti específicamente, refírome a tod@s vós ...

a ver se me explico: vaise crear esa lista para en principio formar algo
así como un portal non? pois ben, refírome a que persoas/grupos "temos"
que convidar a estar nesa "mesa de debate", para decidir como será, se
podemos compartir máis cousas ... por exemplo, pola miña parte:

- GzLiNux e GPUL-traducción: por suposto
- GPUL: pois non o sei, iso é cousa vosa (a iso me refería). eu
relamente non sei se o GPUL ten vocación de facer algo en galego, ou
simplemente se tod@s @s que estades interesad@s nestas cousas xa estades
neste grupo e por iso non cómpre convidar a máis xente do GPUL ca vós.
- Ramón Flores: tamén traduce cousas.
- Proxecto Linux_gl/Brétema: por se non o sabedes, isto é un proxecto
para facer unha mini-distribución en galego completamente, estilo
muLinux. este proxecto está clinicamente morto, pero por se resucita ...
nese caso xa falei con xente no proxecto e sería eu mesmo tamén o
"representante".
- GLUG: pois non o teño moi claro, igual ti o tes máis claro ca min. se
ti tampouco o tes haberá que falar con outra xente do GLUG.

en definitiva, tedes que opinar sobre se todo isto vos parece ben; dicir
se tamén deberían estar o GPUL e o GLUG, por exemplo; e tamén se se vos
ocurre outra xente (por exemplo, o Compostela LUG que acabo de inventar
e non sei se existe). agora expliqueino ben ou?


aburinho!!

___________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@futura.interbook.net>

GzLiNuX - Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG - Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
k0me & C what GNU can do 4 U!! [http://www.gnu.org]


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a