Ola!

 Quería facervos unha pregunta... ¿que facedes coas vosas traduccións, cando
as rematades? Quero dicir que o máis lóxico é que as enviedes a quen poida
metelas no propio programa e que todo o mundo poida utilizalas...

 Veña, os que teñades feita algunha traducción e non a enviou aos autores,
que me avise, que xa o fago eu... :-)

 Por certo, aínda queda xente por envia-lo seu "translation disclaimer";
recordade que iso é necesario para que a FSF vos acepte as traduccións.
Podedes atopa-lo translation disclaimer na documentación do paquete
"gettext"; enchédeo cos vosos datos, imprimídeo, asinádeo e enviádeo por
correo normal. O malo é que o "translation disclaimer" tarda moito en ser
procesado; se ter que envia-lo disclaimer ou así vos molesta, e tedes algo
de GNU feito, e tal, falade comigo, a ver como se pode arranxar iso...

 A idea é que o traballo que fagamos sexa útil, e se abra paso ata tódalas
distribucións de Linux que se fagan no futuro, por exemplo, é posible que as
próximas versións de Debian xa inclúan unha glibc, unhas fileutils, unhas
textutils en galego, etc... iso significa que con que un usuario de Debian
potato escriba "export LC_ALL=gl_ES" xa ten os comandos máis comúns do seu
sistema traducidos ao galego :-)


 A non todo o mundo lle apetece traducir programas, nin fai falla que todo o
mundo traduza. Un labor que é necesario é o do revisor de traduccións;
seguro que tódalas traduccións teñen erros, ou cousas que non son moi
correctas...

 Para revisar traduccións non fai falla ter uns coñecementos novos, nin
ferramentas especializadas, nin nada; abonda con ter bo ollo e un
diccionario á man :-) Ademáis é un labor moi necesario e que determina a
calidade final do traballo. Se alguén quere entrar no proxecto, isto é un bo
lugar polo que comezar :)


 Se tedes algún problema, dúbida, etc, plantexádeo aquí ou por privado a
min, que trataremos de solucionalo. Ademáis, se tedes suxestions de que se
pode facer (e, mellor ainda, tedes algo co que xa se poida aplicar esa
suxestión), dicídeo, que seguramente o estea a facer mal e sen decatarme :)

 Hala, deixo de molestarvos. A ver se acabo pronto con GNU bash e GNU sed :)

-- 

   Tarrío                                          Fidonet: 2:348/102.11
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a