Manuel A. Fernandez Montecelo escribíanos o 25 de Dec de 1999:

> en principio, o mínimo que imos facer, é crear unha lista de correo (por
> exemplo le...@xuntos.mais.fortes) na que esteamos esa xente que propuxen
> eu, se a ninguén lle parece mal, e máis xente que se vos ocorra. 

        A ver se o entendo, ti dis que cada grupo teña unha lista, e logo
que haxa unha lista xeral na que estamos todos "outra vez" ? E na que nos
coordinamos entre nos?

        Non sei como será nas outras listas, pero nesta, sacando o tema este
do LEGAL, fanse preguntas que pode responder tanto un traductor de
aplicacions, coma un revisor de traduccions, coma un traductor de
documentacion, etc.
        E dicir, cousas que en principio, atañen a toda a xente que traduce
linux a galego dunha maneira ou doutra, enton, para que andamos a facer 5000
listas, se a cada un lle apetece ter unha propia porque lle fai ilusion, ou
porque e un grupo de pontevedra e lles vai "mais rapido?" asi, pois vale,
pero vamos, que agora mesmo todos os grupos de traduccion estan suscritos a
esta, ou alomenos os seus representantes, nonsi? Pois home, usamos esta por
exemplo, ou outra que xa exista, para que andarnos loqueando a cabeza. E que
se una todo o traductor que queira, e asi se no teu grupo ninguen che supo
responder, pois preguntas na lista esta global e fora, pero non fai falla
que seña outra diferente, porque non vai a ter trafico diferente do que
teñan as demais... E respecto da páxina web, o mesmo, cóllese unha que xa
haxa, pónselle un index.html de nivel superior por encima con enlaces a
tódolos grupos e fora, para que imos andar creando 5000 páxinas web
diferentes se xa hay algunhas creadas que teñen sitio para poñer ese
index.html por encima?

        Perdon polo ladrillo, pero espero que sirva para algo, porque
andamos a falar sobre cousas que non teñen (para min) moito senso, e unha
parvada reservar mais recursos se os que temos agora chegan para o que se
quere facer.

> logo pillaremos un subdominio para poñer as webs, e quizais para
> unificar as listas de correo
> ({legal,gpul-traduccion,gzlinux,...}@legal.izacion.org). finalmente se
> todo vai ben, melloraráse a páxina un pouco.

        E isto para qué fai falla? :-m É como eu penso unha mera cuestión
estética? :) 

        E que polo menos ata onde eu sei, un subdominio non unifica nada,
simplemente da a impresión de unicidade, pero home, se temos un index.html
cos enlaces a tódolos grupos de traducción xa unificamos, ou non?
        Non penso eu que ninguen vaia apender:

        gpul-traducc...@legal.izacion.org
        gzli...@legal.izacion.org
        w...@legal.izacion.org
        e...@legal.izacion.org

        O que faran será meter un bookmark á paxina principal:

        vai.ti.saber.donde/por/ahi/perdido/nalgures/index.html

        E logo usarán o bookmark :)

> "en refinitiva": como o primeiro paso é crear a lista de correo, que a
> vai facer Jesus Bravo, estou preguntando a quen debemos convidar a estar
> nun principio nesa lista, para logo empezar a plantexarnos o resto. e eu
> específicamente din a miña opinión sobre os que deberían estar e
> pregunteivos por se vos parecen ben os que dixen e/ou ampliedes a lista.
> agora todo claro non?

        A ver, resumo, non me parece mal ter unha lista de correo a parte, é
incómodo, porque hai que andar no .procmailrc :-), pero vale, farda moito.
        O do dominio igual, farda, pero non sei se é realmente necesario.

        E dicir, parécenme antoxos :)))

-- 
  _
 /_) \/ / /  email: mailto:r...@mundivia.es
/ \  / (_/   www  : http://programacion.mundivia.es/ryu
[ GGL developer ] & [ IRCore developer ] & [ GPUL member ]
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a