El día 25/Dec/1999, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:

> andamos despistados eh? ;)))))

        O turrón, que me senta mal :-D

> en principio, o mínimo que imos facer, é crear unha lista de correo (por
> exemplo le...@xuntos.mais.fortes) na que esteamos esa xente que propuxen
> eu, se a ninguén lle parece mal, e máis xente que se vos ocorra. 

        En principio, o que habería que facer sería ... algo :-) Non cómpre
facer coma os de Freedows: montar unha tremenda parafernalia arredor de algo
que non existe. O primeiro, na miña intención, é ter claro o que se vai facer
e logo xa se farán listas de correo, páxinas web, e cousas así.

        Home, o da lista de correo pode estar ben por iso de coordinarse un
pouco. Pero se aínda non se sabe o que se vai facer, todo iso será tempo
perdido.

> interesado, ou se por exemplo se pon como "membro" desa lista
> gpul-traducc...@ceu.fi.udc.es para que vos enteredes todos. faremos unha

        Non, non, iso si que non; non dedes de alta listas enteiras. Os que
queiran unirse da lista xa o farán, pero non obriguedes a tódolos outros a
lé-lo voso correo :-)

> ben, todo isto penseino máis ou menos hai tempo, pero non o "cavilei a
> conciencia", así que estouche tentando responder dicindo o que pode
> pasar; pero por suposto non ten por que ir nesa orde, nin facer todo
> iso, repito que é simplemente a miña opinión persoal do que se debería
> facer e sen nin sequera pensalo moi detidamente ...

        Pos a impresión que me queda a min é a que che digo aí enriba, que
moito ruido pero poucas noces :-) Eu apuntareime cando se saiba ben de que vai
o proxecto. Fíxate que en toda a mensaxe non me dixeches que é o que se vai
facer, que era o que eu che preguntaba :-)

-- 
   Roberto Suarez Soto   ·                     And at dawn
   ask...@bigfoot.com    ·                      I'll pray
Corgo/Lugo/Galicia/Spain ·                At the Edge of Thorns
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a