Ola,

        Ben, antes de poñerme a contestar a tódalas mensaxes que puxestes
sobre o tema, vou expoñe-la miña opinión, e así rematamos antes. :-)

        1.- Eu persoalmente non creo que isto sexa un "proxecto" coma tal,
nin que haxa que unir a representantes de ningún grupo para ver que se fai.
Non se pode decidir "imos facer isto" se non hai ninguén disposto a facelo.
Se alguén quere comezar un novo proxecto, que o diga, e con un pouco de
sorte alguén lle axudará. Pero, lembrade, eu chamo "alguén" a unha persoa,
non a un grupo. Hai ducias de proxectos que poden ser iniciados por unha
soa persoa, con pouquiños recursos, e non fai falla que haxa todo un grupo
de usuarios detrás.

        2.- ¿Como vexo eu LeGAL entón? Algo así coma un "brand name", unha
marca comercial.  Neste intre a publicidade da traducción de linux ó galego
é mínima, e non me parece listo poñernos a facer publicidade de cousas
distintas ó mesmo tempo (p.ex: a páxina de gzlinux, a páxina de Ramón
Flores).  É o mesmo que fan os da traducción ó castelán (LuCAS, INSFLUG,
páxinas persoais de traducción de GNU, documentación de GNOME, etc...). O
único que vos podo dicir é que eu non colaborei coa traducción ó castelán
porque todo parecíame demasiado disperso, para cada cousa tiñas que falar
cunha persoa diferente, e iso, para alguén que está a mirar dende fóra, non
da moi boa impresión.  Aínda máis importante é no noso caso, xa que hai
moita menos xente disposta a colaborar co galego que co castelán, por unha
simple cuestión demográfica.

        3.- ¿Para que quero eu unha lista de legal?  Persoalmente penso que
ten que ser unha lista xeral, pero para _todo_ o mundo, non só para
representantes de grupos nin caralladas.  Unha lista para facer preguntas
sobre temas xerais da traducción de _calquera_ cousa de linux ó galego.
Unha lista na que se poidan mandar mensaxes tipo: "Quero comezar a traducir
as páxinas man, ¿que teño que facer?".  Tamén para falar de temas de
estandarización dos termos usados nas traduccións, e caralladas coas
normativas, etc... ¿Pode ser esta propia lista?  Pois iso non o sei,
habería que velo.  O único que podo dicir é que das últimas 40 mensaxes, e
quitando os temas de legal que non sei que pintan aqui :), o resto son
todas cousas relacionadas coa traducción de programas.  Quizais as mensaxes
do robot de Pinard non entren moi ben nunha lista xeral de traducción. ;-)


        4.- Vou facer algunhas modificacións, porei máis noticias. X')

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe
  • LeGAL Jesus Bravo Alvarez
    • Re: LeGAL Manuel A. Fernandez Montecelo
    • LeGAL Manuel A. Fernandez Montecelo

Responderlle a