olá:

Jesus Bravo Alvarez wrote:
> 
> Ola,
> 
>         Ben, antes de poñerme a contestar a tódalas mensaxes que puxestes
> sobre o tema, vou expoñe-la miña opinión, e así rematamos antes. :-)
> 
>         1.- Eu persoalmente non creo que isto sexa un "proxecto" coma tal,
> nin que haxa que unir a representantes de ningún grupo para ver que se fai.
> Non se pode decidir "imos facer isto" se non hai ninguén disposto a facelo.
> Se alguén quere comezar un novo proxecto, que o diga, e con un pouco de
> sorte alguén lle axudará. Pero, lembrade, eu chamo "alguén" a unha persoa,
> non a un grupo. Hai ducias de proxectos que poden ser iniciados por unha
> soa persoa, con pouquiños recursos, e non fai falla que haxa todo un grupo
> de usuarios detrás.
>
>         2.- ¿Como vexo eu LeGAL entón? Algo así coma un "brand name", unha
> marca comercial.  Neste intre a publicidade da traducción de linux ó galego
> é mínima, e non me parece listo poñernos a facer publicidade de cousas
> distintas ó mesmo tempo (p.ex: a páxina de gzlinux, a páxina de Ramón
> Flores).  É o mesmo que fan os da traducción ó castelán (LuCAS, INSFLUG,
> páxinas persoais de traducción de GNU, documentación de GNOME, etc...). O
> único que vos podo dicir é que eu non colaborei coa traducción ó castelán
> porque todo parecíame demasiado disperso, para cada cousa tiñas que falar
> cunha persoa diferente, e iso, para alguén que está a mirar dende fóra, non
> da moi boa impresión.  Aínda máis importante é no noso caso, xa que hai
> moita menos xente disposta a colaborar co galego que co castelán, por unha
> simple cuestión demográfica.
> 
>         3.- ¿Para que quero eu unha lista de legal?  Persoalmente penso que
> ten que ser unha lista xeral, pero para _todo_ o mundo, non só para
> representantes de grupos nin caralladas.  Unha lista para facer preguntas
> sobre temas xerais da traducción de _calquera_ cousa de linux ó galego.
> Unha lista na que se poidan mandar mensaxes tipo: "Quero comezar a traducir
> as páxinas man, ¿que teño que facer?".  Tamén para falar de temas de
> estandarización dos termos usados nas traduccións, e caralladas coas
> normativas, etc... ¿Pode ser esta propia lista?  Pois iso non o sei,
> habería que velo.  O único que podo dicir é que das últimas 40 mensaxes, e
> quitando os temas de legal que non sei que pintan aqui :), o resto son
> todas cousas relacionadas coa traducción de programas.  Quizais as mensaxes
> do robot de Pinard non entren moi ben nunha lista xeral de traducción. ;-)
> 
>         4.- Vou facer algunhas modificacións, porei máis noticias. X')

imos ver:

1- eu non vexo o LEGAL como algo que poida facer unha sóa persoa nin un
só grupo. sí o pode facer físicamente, pero creo que sería ben ter un
consenso entre grupos (igual algúns non queren estar, se decidimos facer
unha lista global -ver punto 2-, ...) -> lista de correo para discutilo.

ademáis, aínda que se poida facer, creo que sería ben que fose un
consenso entre grupos, precisamente para ser un todo de cara ao usuario
polo menos. esta idea é a que pretendo eu con ese proxecto que non é un
proxecto, pero que non se me ocurre outro xeito de chamalo.

sobre esta idea está pensado o resto da mensaxe.

2- a lista de correo que propoño sería para discutir sobre estas cousas
(como dis, "e quitando os temas de legal que non sei que pintan aqui
:)") e dicutila entre todos os que vaiamos estar, para coñecer a opinión
de todos.

esa lista sería eliminada/reconvertida en canto decidiramos o que facer.
por exemplo, sería a unha única lista para todos, ou a lista de
intercomunicación (por exemplo no voso caso, ter esa para todo agás os
.po).

e entre a lista de correo e as páxinas (aínda que só fora unha simple
descripción+enlace á de cada grupo) xa case estaría ese todo. é dicir:
ti queres facer algo, vás a páxina, escolles o que che convén e escribes
á dirección global para que o coordinador de cada grupo te informe ou
para estar por libre ou crear un grupo novo.

así, estarías nunha lista + 1 de cada grupo que fora necesario. exemplo:
ti queres traducir programas e documentación: estás na global, na de
programas (para os po) e na de doc (para mensaxes do LDP).

RESUMO DE TODO, non só desta mensaxe:

por iso de unirnos para o ben do usuario e o noso propio, alguén propón
(fun eu :? non lembro, creo que Xaquín xDDDD) unirnos, e outro (fun eu
:? creo que si ://) unirnos pero facelo dun xeito non traumático: crear
unha estructura superior sen trocar a dos grupos/persoas-por-libre
actuais.

como igual outra xente cre que é mellor facelo doutro xeito, eu creo que
é mellor que creemos unha lista aparte con toda a xente que vaia estar.
e creala XA:
1) para escoitar a todas as partes
2) para non estar discutindo isto aquí como xa estamos a facer, porque
   a) así non está o resto da xente -> perdemos o tempo
   b) poida que molestemos a algunha xente

é que realmente non vos parece que é mellor crear a outra lista??? por
que non creala XA?? se dese xeito xa discutiríamos con posibilidades de
chegar a algo concreto!! non o dou entendido, ou se cadra non me dou
explicado ben ...

agora supoño que discutiremos outros dous meses sobre se creamos a lista
ou non ou se é mellor non facer a páxina ... :////

>      _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
>    _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras


aburinho!!

___________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@futura.interbook.net>

GzLiNuX - Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG - Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
k0me & C what GNU can do 4 U!! [http://www.gnu.org]

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe
  • LeGAL Jesus Bravo Alvarez
    • Re: LeGAL Manuel A. Fernandez Montecelo
    • LeGAL Manuel A. Fernandez Montecelo

Responderlle a