ol√°:

non me dera conta de que isto non o mandaran a esta lista (si a GPUL,
GLUG, GzLiNuX). como hai xente, por exemplo Jesus, que non est√° na do
GPUL e quizais haxa m√°is coma el, pois aqui tedes ...

PD: avisádeme a min aínda que tamén avisedes ao autor(como pide na
mensaxe), porque seguramente tarde m√°is ca min en respostar.


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fern√°ndez Montecelo (CrEqUe) <cre...@futura.interbook.net>

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux- The Universal Operating System [http://www.debian.org]
k0me & C what GNU can do 4 U!! [http://www.gnu.org]
--- Begin Message ---
 Os interesados por favor que se po√Īan en contacto conmigo, a parte t√©cnica
esta marcada para o que non queira ler todo o escrito.


 Dixitalia
UN PROXECTO DE VIEIROS E GALEGO21.ORG


 Froito da colaboración de Vieiros e Galego21.org nace Dixitalia, o punto de
encontro das novas tecnoloxías e a lingua. A páxina, ubicada no servidor de
Vieiros e cun script situado no de Galego21.org, basearase fundamentalmente
nas tarefas informativas diarias sobre estes dous temas, realizada en base ó
traballo voluntario e colaborativo de varias persoas, que traballar√°n sobre
fontes propias, de axencias de noticias e diversos servicios e webs na
propia rede Internet. Para iso ser√° precisa a apertura dunha p√°xina pechada
cunha listaxe de fontes compartidas que poidan ser utilizadas e repartidas
ordenadamente entre os colaboradores.

A sección de noticias ocupará a parte central da páxina, cos correspondentes
titulares, entradas e sinaturas da información, que, cunha ligazón, levarán
ó internauta á lectura completa do texto. A día de hoxe, cóntase coa
participación para esta área, a central de Dixitalia, con Rafael Román,
Raquel López, Roberto Abalde, Rocío Castro e Darío Janeiro, entre outros.
Haberá que establecer os mecanismos necesarios para evitar a repetición de
noticias entre Galicia Hoxe e Dixitalia.

Dende logo, aquelas informaci√≥ns que te√Īan que ver directa ou indirectamente
cos proxectos ou obxectivos de Galego21.org ser√°n tratadas amplamente.

Tralas noticias situaremos unha serie de √°reas repartidas polo espacio da
web. Algunhas delas poden ser xa operativas dende o principio, ó non
precisar un excesivo traballo de mantemento, como é o caso dunha enquisa ou
dun foro. Tamén incluímos aquí a de novidades editoriais (a cargo de Darío
Janeiro) e a web do día (a cargo de Andrés Tarrío). A área de intercambio de
equipos, futuro lugar para un proxecto de cesión de ordenadores de empresas
a colexios, est√° neste grupo.
----------------------------------------------------------------------------
------------------
A parte sobre técnica debería conter seccións sobre as diversas plataformas
(PC, Macintosh e Linux), xunto con outros aspectos tales como Java,
telefonía móbil, etc. Neste momento estanse a buscar as persoas que queiran
facerse cargo destas seccións. Para Macintosh ta vez sexa Henrique Neira (ou
algu√©n que el co√Īeza), para Linux Pedro de la Iglesia (butrom) est√° buscando
colaboradores (hai que ter en conta o grupo de Linux en galego) e para Java,
sería interesante a participación de Camilo Regueiro. Hai algunhas persoas
de Galego21.org pedentes de contactar para que poidan facerse cargo dalgunha
destas seccións. O mencionado asunto da telefonía resultaría especialmente
interesante, aínda que non será sinxelo conseguir alguén que saiba
verdadeiramente cómo se move ese mundo.
----------------------------------------------------------------------------
------------------
No referente a artigos de análise, sería bó contar coa participación de
xentes como Xavier Alcal√° e algunha sinatura m√°is de certo relevo. Lois
Rodríguez podería contactar con eles, incluíndo outros nomes dos que ten
noticia: ISOC, intelixencia artificial galega, Cesatel, R?. Nesta sección
poderían ter cabida traballos sobre Internet e sociedade ou Internet e
fotografía que xa propuxeron e serían de interese. Non estaría de máis unha
ligazón con esa nova sección de Vieiros que levará os artigos de opinión de
Víctor Freixanes e Gonzalo Navaza, entre outros. Tampouco estaría de máis
contactar con alg√ļns internautas de certa presencia para que colaborasen,
tal √© o caso de Manuel Gonz√°lez, Celso √Ālvarez C√°ccamo, Manuel Forcadela, e
outros.

Sobre a traducción dos artigos de Hermana e similares, temos xa unha persoa
disposta a facelos, unha vez se realicen os tr√°mites da s√ļa cesi√≥n.
Igualmente poderíanse facer documentos sobre temas xerais de informática e
internet (estilo "historia da rede en galego" ou similares) para que estean
sempre accesibles o visitante.

En canto ó directorio de recursos, o máis operativo en principio sería saír
cos recursos sobre inform√°tica do buscador de Vieiros, como fan outras
canles, anque parece obvia a necesidade de facer un desenvolvemento propio
desta sección. Ademais da web do día, que xa pasaría directamente a encher
ese arquivo, habería que ir sumando máis, incluídas as suxestonadas polos
internautas, a disposición dos cales debería haber un correo electrónico
para enviar enderezos, noticias e similares. Tamén habería que resolver a
ubicación do directorio do ICQ galego, sexa en Dixitalia ou fóra, pero
sempre ligado a ela.

Finalmente, habería que ver a forma de enviar un boletín con estas
informacións os internautas que o desexasen vía correo electrónico.


------------------------------------------------------------------------
*************************************************************************
Proxecto de documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
*************************************************************************

------------------------------------------------------------------------
Toys, Books, Software. Save $10 on any order of $25 or more at
SmarterKids.com. Hurry, offer expires 1/15/00.
http://click.egroups.com/1/646/3/_/189875/_/947877379/


eGroups.com home: http://www.egroups.com/group/gzlinux
http://www.egroups.com - Simplifying group communications







--- End Message ---

Responderlle a