Tue, Feb 01, 2000 at 11:52:37PM +0100, Manuel A. Fernandez Montecelo escribiu:

>en resumo, non me parece tan absolutamente imprescindible ter todo
>unificado. formar dous bandos si que sería fatal ...

        Todo unificado non... Pero hai algunhas cousiñas que si...

        Por certo, non penso que se fagan dous bandos en ningún caso...
Creo que iso de "bandos" implica confrontación.

        Como ben dis, a maioría dos "clientes" queren que a traducción
estándar sexa a "normal" (gl).  Pero iso non ten porque cercea-la libertade
dos que queiran face-la súa traducción noutras normativas.  O que si que me
parece esencial é non mesturalas baixo a mesma denominación, porque iso
crea confusión...

        Eu, como xa insistín, insisto, e insistirei, tardei en adapta-la
traducción do XFce ó normativo menos de media hora, cando face-la
traducción dende o principio levaríame 4 ou 5 horas.  Por iso eu non
podería mirar a Ramón como outro bando, xa que está a facer unha traducción
que vai servir a todos. :-)

>PD: non vos parece positivo que esteamos a discutir entre xente dos dous
>grupos? non vos parece un bo sinal na antesala de constituir o LeGAL?
>:))))))

        Pois si... :-)  (poderíanse facer un par de comentarios sobre a
lista que teriamos que usar, pero mellor calo) X'DDD

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a