Ola xentiña, son novo na lista, e case novo no mundo de Linux, pero digamos que nestes seis meses que levo traballando con el (na casa), foi crecendo no meu maxín o convencemento de que pagaron a pena os primeiros "esforzos" necesarios para conseguir que funcionase todo ó meu gusto. Nestes momentos teño instalado a RedHat 6.1, con gnome, e como vin na páxina da lista, seica andades a traduci-los programas. Creo que xa é tempo chegado de contribuír eu tamén a este sistema que tanto me vai gustando cada día.

Non sei ben cal é o procedemento que seguides para as traduccións dos programas, de tódolos xeitos, creo que podo axudar, xa que son traductor e intérprete licenciado pola Universidade de Vigo, de inglés e francés ó galego. Xa teño algunha traducción por aí publicada, así que experiencia tampouco me falta, así que se sodes tan amables de explicarme un pouco a vosa metodoloxía de traballo, estarei encantado de colaborar convosco.


Un saúdo.
Raúl Araya Tauler
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a