At 15:56 03/02/00 +0100, you wrote:
O Thu  3 Feb 2000 14:41:54 +0100, Raúl Araya Tauler escribía:

> Ola xentiña,

 Ola, Raúl; disque eu son o coordinador do proxecto de traducción do GPUL,
así que supoño que me toca darche a benvida :-))


 ¡Benvido! :D

Gracias

 Os ficheiros "para traducir" e os "xa traducidos" están en
http://ceu.fi.udc.es/~jtarrio/gl-po/ ; os xa traducidos teñen extensión .PO,
e os "por traducir" levan .POT
 Para traducilos hai que seguir un certo formato, que se supón máis ou menos
intuitivo... de tódolos xeitos, se cadra prefiras, alomenos ao principio,
revisa-los ficheiros .PO (xa traducidos) ou simplemente prestarnos axuda
coas palabras coas que non saibamos que facer; pouca axuda é moita :-)

Dacordo, creo que empezarei por ve-los PO, para ir facéndome unha idea de como vai o tema.

 Ou se queres facer outras cousas; hai xente traducindo documentación:
páxinas man e manuais, así que se cadra é o que prefires facer;

Xa me puxen en contacto coa xente que se dedica á traducción da documentación (os de gzLinux), pero de momento non contestaron. De tódolos xeitos creo que a eles tampouco lles vén mal unha axudiña na revisión, polo pouco que vin de vez en cando escápalles algún erro, e é unha mágoa.

tamén hai (ou había) uns poucos falando de facer un diccionario galego para o
corrector ortográfico "ispell"... ou se queres propor algo distinto.

Canto o i-spell, coñezo un profesor desta facultade que está a traballar niso, e tal vez eu retome o seu traballo, de tódolos xeitos estou esperando por el para que me amose o que xa ten feito para ver de onde parto eu.

 Se levas na lista un pouco tempo, se cadra xa liches algo sobre Conectiva;
é unha empresa brasileira que quere pór a venda en España distribucións en
tódolos idiomas oficiais da península, e, como é natural, precisan de
traduccións, entre elas as que estamos a facer :-) Nós seguimos a face-las
nosas, pero como precisan algunhas con urxencia, están dispostos a paga-lo
traballo que se faga... máis información, na lista :-)

Que interesante. Non estaría mal... Mirarei na páxina deles. Teño oído falar moi ben da súa distribución, non só no ámbito galego, senón tamén en revistas especializadas sobre linux que se publican en español.


> Xa teño algunha traducción por aí publicada, así que experiencia
> tampouco me falta,

 ¿Non serás traductor xurado? :-) Porque dese xeito, podías traduci-la GPL
(General Public Licence), e así asegurármonos de que a traducción é
"utilizable", non sei se me entendes... :-)

Je, pois verás, "traductor xurado" non son. É un pouco complicado de explica-lo procedemento para chegar ser traductor xurado. Digamos que os que van por castelán, só teñen que pedilo no Ministerio de Xustiza ou Exteriores (non lembro agora cal), e xa lles dan o certificado se demostran que cursaron unha serie de materias sobre dereito, economía e pouco máis. No caso dos que van por galego (o meu caso), teoricamente é a Xunta de Galicia quen se encarga (creo que a través de Política Lingüística), non sei o que opinades por estes lares da Xunta, pero neste tema son leeentos, quero dicir, que non hai unha validación automática habilitada por parte da Xunta como hai para os de castelán. De tódolos xeitos, teño tódalas materias de dereito, economía e traducción xurídica cursadas, así que... vós decidides.

Un saúdo, e ata outra.
Raúl Araya

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a