At 09:33 07/02/00 +0100, you wrote:

Ola, xa vin varias mensaxes sobre o tema este da traducción pagada por Conectiva. Non sei cantos de aquí sabedes da existencia dunha Asociación de Traductores Galegos (ATG). Entre as cousas que fai a asociación está o establecemento dunhas tarifas "orientativas" (e digo orientativas porque despois hai editoriais e xente que non as ten moi en conta). Non vos estou moi seguro de cales son este ano (é que as revisan anualmente, seica), pero para que vos fagades unha idea, as tarifas por traducción do inglés, dun texto técnico anda entre as 1800 e 2000 pesetas por páxina (e aquí a páxina enténdese como páxina con 1800 caracteres). En fin, non sei se vos vale de algo esta información. A ver se pregunto polas deste ano.


E outra cousa máis, sobre a traducción da GPL. Xa quedou claro que a traducción non sería oficial (tal e como estipula a FSF), pero iso non quita que non se poida facer ¿non?

Un saúdo.


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a