Santiago Garcia Mantinan wrote:
> > a ver, facemos estilo sindicato? polo menos unificar tarifas para cada
> > tema (por traducción de pots, de páxinas do manual, ...)?
>
> Home, eu non sei como entender todo o tema este, persoalmente teño pensado
> facer algunha traducción pero sen cobrar nada, non me interesa
> comprometerme a facer algo por cartos, e me gusta a idea de que conectiva
> vexa o galego o suficientemente importante coma para querer lanzar
> conectiva en galego, así que penso axudalos traducindo algunha cousiña e
> sen cobrar nada. Persoalmente se eu estivese a traducir algo por que me
> petase, no meu tempo libre, e alguén me quixese pagar por seguir facendo o
> mesmo... non lle ia a dicir que non, pero tampouco me cebaría, en fin, que
> a ninguén lle pareza mal, facede o que vos pete.
> 
> Polo dagora as únicas cifras que vin pareceronme moi altas, pero claro, eu
> non traducín nada, así que cecais incluso sexan baixas.

Jesus Bravo Alvarez wrote:
> >sen cobrar nada. [...]
> 
>         Precisamente hai que aproveitalo ben.  Xa que che pagan, traduce
> algo que non traducirías por vontade propia.  E aquí parece que ninguén vai
> traducir KDE porque si...  E nunca está mal que estea traducido, sexa como
> sexa. :-)))

Raúl Araya Tauler wrote:
> para que vos fagades unha idea, as tarifas por traducción do inglés, dun
> texto técnico anda entre as 1800 e 2000 pesetas por páxina (e aquí a páxina
> enténdese como páxina con 1800 caracteres). En fin, non sei se vos vale de
> algo esta información. A ver se pregunto polas deste ano.

Jesus Bravo Alvarez wrote:
> >texto técnico anda entre as 1800 e 2000 pesetas por páxina (e aquí a páxina
> [...]
> 
>         O que pasa é que iso será para xente coma vós, que imaxino que
> estudiastes para algo, e non para que veñamos aquí catro gatos que
> traducimos programas a pedir o mesmo que pedides vós. :-))))

perdoade a extensión pero prefiro compoñer para xuntar todo na mesma ...

1- eu non tiña pensado sablear(tiña pensado en 50-100 pts por páxina!
xDDDD). parece que non me excedín. eu tamén pensei en se cobrar ou non,
se era "ético", e creo que o que dende logo non o é é que uns cobren e
outros non, que non recibamos cartos por un traballo e que conectiva si
que os reciba polo noso traballo, que fagamos traduccións que "non nos
gusten" como di Jesus(por certo, o KDE non mola ;bbbb xDDDDD), que haxa
que cumpri prazos ...

por iso digo o do "sindicato", para establecer tarifas e que tod@s
cobremos o mesmo por traballo semellante, e sobre todo para que nos
informen do que realmente queren. ademáis falar un por un é un cristo,
se é así eu non fago nada ... e outra cousa que podemos facer é pedir un
servidor (hardware) para o legal ou algo semellante.

2- si que vale o das tarifas eses como orientación, aínda que como tamén
di Jesus non podemos pretender tanto ... nin sequera a metade ou a
cuarta parte creo eu ...

> Por isto e polo que me gustaría que estes temas (os monetarios e demais do
> contrato) os falásedes directamente cos de conectiva, sen andar eu polo
> medio. Estou tentando de facer isto, pero o contacto en conectiva anda moi
> liado ultimamente.

pois se tal que ande outro digo eu(non mo tomes a mal, pero xa digo que
se hai que facelo un por un eu paso de todo).

Santiago Garcia Mantinan wrote:
> > e finalmente, córrelles présa pero non se sabe cando remata o prazo
> > exactamente. eu creo que tiñan que aclararse eles primeiro, porque se
> > non ...
> 
> X-)))) Isto mesmo dixenlle eu a Rik Van Riel, que foi quen me puxo en
> contacto con eles, dixenlles que non lles via moito interese, pero Rik di
> que si, que os tíos van en serio de todo, a ver se acado unha comunicación
> directa entre todos vos e o encargado do tema en Conectiva, así me separo
> eu para un lado e podedes bombardealo X-)))

estiven a falar con Rubén polo IRC pero ao final non me quedou claro ...

o Riel este non é o tipo ese que fai o 20% do kernel, ten 21 anos e xa
aos 16 modificaba o kernel para mellorar a xestión de memoria? e nese
caso, que ten que ver con conectiva?

xa che dixen do de bombardealo ... é cuestión de falar seriamente e
negociar pero en plan, non por sablealos senón para conseguir un trato
xusto para tod@s nós e proveitoso para conoectiva e para nos. claro que
esto se tod@s estamos dacordo ...

> Saudiños!
> 
> Manty/BestiaTester -> http://www.mantianito.ddns.org


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@futura.interbook.net>

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux- The Universal Operating System [http://www.debian.org]
k0me & C what GNU can do 4 U!! [http://www.gnu.org]


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a