> 1- eu non tiña pensado sablear(tiña pensado en 50-100 pts por páxina!
> xDDDD). parece que non me excedín. eu tamén pensei en se cobrar ou non,

Non, dende logo creo que non te escedías ;-)

> por iso digo o do "sindicato", para establecer tarifas e que tod@s
> cobremos o mesmo por traballo semellante, e sobre todo para que nos
> informen do que realmente queren. ademáis falar un por un é un cristo,

Bueno, pareceme ben.

> 2- si que vale o das tarifas eses como orientación, aínda que como tamén
> di Jesus non podemos pretender tanto ... nin sequera a metade ou a
> cuarta parte creo eu ...

Digo eu tamén, mais que nada e que non sei se os de Conectiva non se
escarallarían de risa X-))) creo que o que os tíos están pensando, ou
estaba, xa van duas mensaxes que lles deixo das que non teño resposta,
ainda que sei que andan liados.

> pois se tal que ande outro digo eu(non mo tomes a mal, pero xa digo que
> se hai que facelo un por un eu paso de todo).

Vale, se eu non teño problemas por seguir facendo de intermediario, era
mais que nada por se despois hai malos rollos tanto pola nosa banda coma
pola deles, e son eu o que leva as culpas por ter xerado entropía
traducindo as conversas ó facer de intermediario.

> o Riel este non é o tipo ese que fai o 20% do kernel, ten 21 anos e xa
> aos 16 modificaba o kernel para mellorar a xestión de memoria? e nese

Sí, o mesmo, o mesmo que vai falar de todo iso no encontro este da Xunta
que lle diron en chamar Xuventude_Galicia_Net, e que ademais vai a
introducir á xente noutra charla alí tamén á programación do kernel, ...

> caso, que ten que ver con conectiva?

Pois que é bo amigo deles, que se mudou a Brasil, ... en fin, non lle
gusta que se fale diso, pero creo que sen dicilo... xa colles cal é a
relación, non? };-)

> xa che dixen do de bombardealo ... é cuestión de falar seriamente e
> negociar pero en plan, non por sablealos senón para conseguir un trato
> xusto para tod@s nós e proveitoso para conoectiva e para nos. claro que
> esto se tod@s estamos dacordo ...

Pois teremonos que poñer todos dacordo, polo de agora non estaría mal que
os que estexan en principio interesados en colaborar o foran dicindo na
lista, porque sei que hai xente que non quere comprometerse a nada, de
paso se van dicindo o que creen que se podría cobrar e tal... pois non
estaría mal.

Persoalmente eu creo que poñer precios a todo esto en plan conxunto eche
un chisquiño dificil, polos xeitos de medir o traballo e tal, pero
intentar podemolo intentar.

Saudos!

Manty/BestiaTester -> http://www.mantianito.ddns.org

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a