olá:

ben, xa estaredes algo informad@s deste tema ... Percebe GNU/Linux é o
nome do que pretende ser unha minidistribución. este proxecto nace no
GLUG hai xa ben tempo, pero por diversos problemas aínda non estaba para
ser anunciado ata estes días. aínda faltan uns flecos para botar a andar
o proxecto, pero non moito ;))))

por se non quedou claro cos forwards que mandei, aínda que o proxecto
nace no GLUG pode participar todo o mundo. e por suposto, reenviádeo a
toda a xente que poida estar interesada. @s interesad@s, avisade nunha
destas tres listas (GLUG <listag...@glug.es>, GPUL-traduccion
<gpul-traducc...@ceu.fi.udc.es>, GzLiNuX <gzli...@egroups.com>) ou
falade comigo directamente.

a información sobre o proxecto está precisamente nese RFC que enviou o
autor ou reenviei eu ás diferentes listas. un "pequeno detalle" que se
lle esqueceu dicir é que pretende estar COMPLETAMENTE EN GALEGO. cando
digo COMPLETAMENTE, refírome en verdade a COMPLETAMENTE, incluíndo as
mensaxes do kernel e demais cousas menos habituais nas traduccións. este
é un motivo fundamental polo que necesita apoio dos grupos de traducción
;)))))))

máis novas, en breve(agardamos!! ;DDD).


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@cfutura.com>

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux [http://www.debian.org] <-> GNU [http://www.gnu.org]

Responderlle a