¿Qué é dese que seica quería facer o do Ispell e tal?
Pois seica está algo desconectado (en sentido máis estricto que o
usual), rematando o proxecto fin de carreira.
 Cando comencei con isto tiña que pasar 15 horas semanais lendo o correo
e navegando (e de vez en cando facendo algo de administración na rede da
que era administrador), cunha conexión de 10Mbps ata o mirror de Debian
máis cercano (no cuarto do lado). Pero tiven que deixa-lo chollo e
poñerme a remata-lo proxecto.
    Agora estou na miña casa sen modem nin ná, lendo o correo cada
semana (e gracias), e sen forma cómoda de envialo.
    De todos xeitos estarei libre antes de Maio (o meu Tutor vai dar
clases a Berkeley e teño que ler antes), presumiblemente a partir de
primeiros de Abril(*), e espero estar mellor comunicado,polo tanto en
condicións depoñer a funcionar o Ispell en galego e de moito máis.
    É certo que terei que atopar traballo (como por exemplo nalgunha
sucursal galega dalgunha empresa que se dedique a facer distribucións de
Linux en galego ;-) ) e que despois queren que traballes ¡8 e máis horas
diarias! ;-D pero non creo que me quite demasiado tempo.
    Así e todo non é tan cero pataqueiro o do Ispell e outros (pero
case). No tempo que estiven antes de poñerme có proxecto busquei
información sobor do Ispell, de Latex e outros:
Ispell
    No sitio do COES non atopei ningún tipo de información de como se
crean diccionarios.
    Non atopei esa información en ningún outro sitio pero si que teño as
fontes do Ispell e as fontes de diccionarios, co que penso que podo
"adiviñar" como facelo.
Latex
    Polo que parece está todo feito pero non está ben configurado. (polo
menos na dist. Debian)
    No arq, /usr/lib/texmf/tex/generic/babel/galician.ldf falta por
traducir Proof
    (por Demostración?)
    Eu cambiaría (opinión personal) dategalician para que puxera <día>
de <mes> do <ano>:
    \def\dategalician{%
      \def\today{\number\day~de\space\ifcase\month\or
        xaneiro\or febreiro\or marzo\or abril\or maio\or xu\~no\or
        xullo\or agosto\or setembro\or outubro\or novembro\or
decembro\fi
        \space do~\number\year}} %%<- cambio nesta liña
    Polo visto en Latex "~" é un espacio protexido pero máis abaixo nese
arquivo hai duas liñas que definen ~N -> Ñ e ~n -> ñ. Se queres poder
poñer un espacio protexido antes dun n comentaas
    %\declare@shorthand{galician}{~n}{\textormath{\~n}{\@tilde n}}
    %\declare@shorthand{galician}{~N}{\textormath{\~N}{\@tilde N}}
    Por último queda o problema do guionado: Polo visto hai alguén de
aquí (Teleco Vigo) que fixo un arquivo chamado gahyph.tex. Hai que
editar /usr/lib/texmf/tex/generic/config/language.dat para que inclua o
guionado galego. Pero isto só non chega. Hai que refacer algúns arquivos
en /var/lib/texmf/web2c (ou /usr/lib/texmf/web2c), os que fan referencia
ó hyphen.cfg. Hai que facer algo así como :
    "latex <arquivo que aparece an 2ª liña>"
    Debería haber algún script que fixera todo isto de xeito automático,
pero se o hai non o din
    atopado.
Plan:
    Se queredes imprimir os calendaros dos meses e do ano cos nomes en
galego teño un arquivo que vai nesta mensaxe. Tedes que substituir
/usr/lib/plan/plan_cal.ps .
Fortunes:
    Mando un arquivo (galicia) con unha serie de refráns que recolleu a
Asociación Cultural "O Coto", á cal pertenzo, por medio dos rapaces do
C.E.I.P. Carballal (Vigo) e algún outro que collín da miña familia.
(contén refráns que alguén podería interpretar coma ofensivos).
    Os italianos poñen os seus refráns nun directorio "it" dentro do de
fortunes. De igual xeito nos o poñeríamos en "gl" pero para que dese
mensaxes galegos non bastaría con chamar "fortunes" habería que chamar
"fortunes gl" e se queremos mezclar "fortunes gl all".
    Despis de copiar o arquivo hai qu facerlle: "strfile galicia"

Nacho.

(*) Se algún de vós está interesado no proxecto "Entorno de desenrolo de
simulacións 3D
cooperativas e en tempo real" (ou en coñecerme personalmente) avisádeme
para que vos diga
cando leo.

--
   _____ |\___/|
  /     \|/| |\|
 (  )_\\_-\_T_/-
  º=====" /   \

Attachment: plan_cal.ps
Description: PostScript document

%
-HERBAS DE SAN XOAN-
folla figueira
folla viña
herba luisa
follas nogueira
herba da nosa señora
fento do rio
herba de san Pedro
herba sapa
tormentelo
poexos
hortelan
(loureiro?)
%
Tarde se arrepinte o rato cando está na boca do gato.
%
Sachar en Maio e labrar en San Xoán traballo en van.
%
A chuvia no mes de Abril carga o carro e o carril.
%
Carnavales mollados pascuas enxoitas.
%
O viño no Marzo vai ó cabazo e o Abril ó funil.
%
Chovendo o Domingo antes da misa vai toda a semana de risa.
%
Días de Maio días de amargura, tan pronto amanece como e noite oscura.
%
Miña casiña meu lar quen te arrendou non te supo arrendar.
%
Non hai Sábado sen sol nin Maruxa sen amor.
%
O que come a sardiña ten que cagar a espiña.
%
Non hai bardeiro sen palla.
%
O que na folla se acolla tres veces se molla.
%
Na casa de aquel home o que non traballa non come.
%
Marzo, Marzán, canto dis pola noite non é nada pola mañán.
%
Con pan e viño faise o camiño.
%
Polo pan vaila o can.
%
A sorte da fea a guapa a desea.
%
Polo San Xoan a sardiña pinga no pan.
%
Coa lúa de Xaneiro vese a formiga no carreiro.
%
O que tarde chega á barca, remo torto non lle falta.
%
O que chega tarde nin oe misa nin come carne.
%
O besugo no Xaneiro ten carne de carneiro.
%
Quen ten gando non desexa mal ano.
%
Polo San Xoán preguntan as vellas cando ven o verán.
%
Ata o corenta de Maio non te quites o saio.
%
En Setembro secan as fontes ou arruan as pontes.
%
Neve na lama chuvia na cama.
%
Un día bo no Xaneiro, un lobo no eido.
%
Se en Marzo maiea, en Maio Marcea.
%
Polo San Martiño trompos ó camiño, polo San Amaro trompos ó faiado.
%
Non fales mal de María, que é unha muller coma ti.
Se hoxe falas mal de María mañá falarán de ti.
%
Maio hortelán, moita palla e pouco pan.
%
Moito e ben non o fai ninguén.
%
Non comer por haber comido non hai nada perdido.
%
Auga de Xaneiro cada gota vale diñeiro.
%
Nas tardiñas de Xaneiro, non se dan os bos días nin se quita o sombreiro.
%
Cando chove en Febreiro, non hai nin bo prado nin bo centeo.
%
Se por Marzo ves tronar, prepara cubas e lagar.
%
Ramos mollados e Pascuas enxoitas, bo ano de troitas e froitas.
%
Maio ventoso, para o labrego fermoso e para o mariñeiro penoso.
%
Maio sen trebóns e coma un home sen collóns.
%
A auga de San Xoán, colle o viño e non da pan.
%
Se o mes de Agosto ven claro, bo magosto e bo nabo,
se ven nubrado, poucas castañas e nabos furados.
%
Setembro, ou leva as pontes ou seca as fontes.
%
Polo San Lucas saben ben as uvas, porque hai poucas ou ningunha.
%
Sogra, avogado e doutor canto máis lonxe mellor.
%
Entre pais e irmáns non metas as túas mans.
%
Rubias para o mar, vellas a xollar.
Rubias para a franqueira vellas á borralleira.
%
O Sábado a chover e coma un borracho a beber
%
Viño, muller e tabaco poñen o meu home fraco.
%
O que lonxe vai casar ou a leva ou a vai buscar.
%
Por San Martiño mata o teu porquiño.
%
Casadiño casa quere sea home ou muller.
%
Se as ras cantan no Xaneiro sinal de fame en todo o eido.
%
En San Xoán as dez con día dan.
%
En Setembro non hai vella que non treme.
%
Dia de San Nicolau, está a neve de pau en pau ou senón no chao.
%


Responderlle a