Sergio Rua escribíanos o 26 de Jun de 2000:

>       Traducín o gmanedit, ese programa tan bonitiño que fixen pero non me
> colle tódalas traducións, mellor dito, case ningunha.
> 
>       Aparecen menús sen traducir e outros con só algunha palabra. Por
> outro lado, está todo o ficheiro traducido.

        Non vexo no CVS o gl.po :-m Pero seguramente o que che pasa e culpa
dos "fuzzy". Son traduccións feitas automáticamente ó facer a mestura
mediante lóxica difusa, que seguramente ti cambiaches, para que estiveran
ben escritas en galego, pero logo non lembraches quitar as etiquetas de
fuzzy (os fuzzy non saen). A, unha cousa, se ademáis de fuzzy ten mais
cousas na mesma liña, quita so o fuzzy.

        Por certo, metiches no CVS "gmanedit/src/.deps/", o script
configure, e mais os Makefile/Makefile.in. Todo eso non debe estar no CVS,
porque realmente pódese xerar a partir do resto de ficheiros (co
autogen.sh).

        O configure ponse so nos .tar.gz, porque a xente que baixa as cousas
polo CVS en xeral o que quere e poder colaborar no desenrolo, e seguramente
terá instalado automake e mais autoconf...

Saudos
-- 
"A seguinte mellor cousa que ter boas ideas, e recoñecer as boas ideas dos 
demais" 
                                                            Eric S. Raymond
 __
 )_) \/ / /  email: mailto:r...@mundivia.es
/ \  / (_/   www  : http://programacion.mundivia.es/ryu
[ GGL developer ] & [ IRCore developer ] & [ GPUL member ]

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a