[Perdón polos Cc: pero é que quería que isto vos chegara]

 Actualmente temos un problema, no Free Translation Project, que son as
traduccións que hai feitas e non se subiron por un ou outro motivo. En
particular, as do Free Translation Project.

 Como anunciei hai uns meses, e xa fixen nalgún paquete, heime apropiar
destes paquetes, para poder empregalos, porque telos e que non sirvan para
nada é unha mágoa.

 Pero antes de nada quérovolo comunicar, para que saibade-lo que pasa, e
poidades presentar alegacións e todas esas parvadas :-)

 Os paquetes que agora temos no CVS pero non están subidos no Free TP son:

   gnupg-1.0.0h.gl.po: Roberto Suárez Soto <ask...@gpul.org>
   grep-2.2f.gl.po: José María Casanova Crespo <j...@mundivia.es>

   tar-1.12.gl.po: Sergio Rua <s...@iname.com>

   cpio-2.3.911.gl.po: Anxo Pereira <pere...@iponet.es>
   soundtracker-0.3.9.gl.po: Xosé Anxo Pereira Torreiro <pere...@iponet.es>

 Os dous primeiros non se poden subir porque os seus autores non teñen
asinado disclaimer ningún. Polo tanto, se non chían antes do día 28, hei
poñerlle-lo meu nome, encargarme eu de levalos, actualizalos e subilos
(consentemento por omisión).

 O terceiro é un caso especial. Sergio ten disclaimer, e o paquete "tar"
asignado, pero nunca o subiu. Por favor, Sergio, dime se o has actualizar á
versión 1.3.17 e logo subilo (pódoche dar instruccións), ou se mellor o
collo eu, actualízoo, súboo, e queda para min.

 Os dous últimos non teñen problema: o seu traductor está agardando a que
chegue o seu disclaimer, así que polo de agora non os hei tocar.

 Isto é todo :-)

-- 
 Jacobo Tarrío | Grupo de Programadores y Usuarios de Linux | http://gpul.org
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a