Ola, fun hoxe Martes 23 á disertación-taller sobre
Debian e estou interesado en axudar coa tradución do
instalador da Debian "Sarge" na medida na que poida. 
O malo é que non teño nin idea de por ónde debo
comezar, ¿pode alguen botarme unha mán niso?  Sei que
houbo un correo fai algunhas semanas sobre o tema
titulado "Galician translation of Debian Installer?". 
Agora mesmo "debo" irme a dormir e non teño tempo para
poñerme a ler en inglés o que pon nos enlaces do
correo, pero espero ter mañá pola noite e días
sucesivos máis tempo para poñerme ó tema.  De todas
formas espero que alguén me aclare se pode un pouco
máis o tema, xa que aínda non fixen ningunha tradución
e non sei o sistema que se está a usar.
Outro apunte... sería unha boa idea facer para a
próxima unha charla sobre o Proxecto Trasno explicando
como vai a tradución ó galego dos proxectos libres,
aínda que só sexa para publicitar un pouco a cousa e
que máis xente axude.  Deica logo.

___________________________________________________
Yahoo! Messenger - Nueva versión GRATIS
Super Webcam, voz, caritas animadas, y más...
http://messenger.yahoo.es
_______________________________________________
Lista de correo gpul-traduccion
gpul-traducc...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/gpul-traduccion

Responderlle a