> > > http://people.debian.org/~barbier/d-i/l10n/gl/
>  En http://people.debian.org/~seppy/d-i/2nd-stage/

Ben, polo que vexo, son duas cousas distintas, o primeiro sería o da
traducción do instalador en si, e o segundo a segunda parte da instalación,
é dicir, o que vai despois do reinicio da máquina unha vez que terminamos co
instalador.Os que levan ditas páxinas deberían de ser respectivamente
barb...@debian.org e se...@debian.org.

Se queres facer a traducción en serio, creo que deberias de preguntar por
debian-b...@lists.debian.org, que é onde se discute sobre o instalador. Eu
de ti comentaría que queres traducir ó galego, que xa tiñamos algo feito da
woody e é posible que houbera algo feito para o debian-installer de sarge.
Preguntaría se estás a tempo todavía de integrar unha traducción, e onde
podes atopar as cousas para traducir, inda que creo que a resposta a esta
última pregunta será que nesas duas páxinas que tes xa ti controladas.

Por certo, igual no estaba de mais que comentases algo disto pola lista de
trasno, pouca xente lé esta lista, sen embargo a outra é a utilizada para o
proxecto de traducción (tra...@ceu.fi.udc.es)

Boa sorte e saudos...
-- 
Manty/BestiaTester -> http://manty.net
_______________________________________________
Lista de correo gpul-traduccion
gpul-traducc...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/gpul-traduccion

Responderlle a