olá:

ben, neste apartado non sempre é grato, pero creo que hai que tratalo. o
mellor non sería ter que aplicalo nunca, pero creo que é mellor que sexa
unha cousa pública e acordada para que non haxa trato discriminatorio ao
aplicar algunhas medidas por causas de "forza maior".

está baseado nas normas internas de gzlinux, iso si, máis abertas e
adaptadas ao que será o legal. mándovos as normas que tiñamos adxuntas
comprimidas(con winzip tamén se pode descomprimir) para que darvos máis
ideas, e aconséllovos lelas para comprender mellor o "porqué" de cada
norma.

antes de nada, eu creo que debe haber as menos normas posibles, entre
outras cousas porque así hai menos posibilidades de incumprilas. tamén
que sexan abertas, estilo GNU. son normas básicas, normas de
convivencia, ou chamádelle X ... aí están.

1- "meta-normas"
 - o concepto de "membro", que non lle gusta nada a Jesus xDDD.

isto depende moito da estructura final do legal, pero por dicir algo ...

eu creo que é necesario aplicar este concepto sobre todo para casos
semellantes aos seguintes: imaxinade que queremos mercar un computador e
coller un dominio. un grupo de 20 persoas que acaban de entrar na lista
non queren pagar e por iso opóñense á compra do servidor e por culpa
deles quedamos sen el. ou mesmo votar se queremos ter o servidor que nos
poidan dar en conectiva en udc, nunha isp, ... ou @ coordinador@ dun
proxecto.

ben, pois eu creo que para estes casos delicados hai que poñer algún
tipo de límite polo que poida pasar. por exemplo, levar certo tempo
suscrito á lista e/ou ter feito determinada cantidade de traballo.

 - tamén haberá que especificar os prazos e métodos para votacións,
modificacións das normas, ...

2- liberdade creadora.

pois iso, liberdade no idioma (mellor dito, normativa) e no que se
queira traducir ou facer. pódese facer unha lista de prioridades ou algo
así, pero será opcional.

3- asignación.

para pedir un documento hai que anuncialo na lista de correo. pasado un
tempo prudencial(3 meses?), se non se remata pode pedilo outro.

e haberá que facer algo nos traballos en grupo no que a xente
falle(gimp, guias, ...). por exemplo, asignarllo a outro se non informa
da súa actividade durante un mes ou así.

tamén se publicarán por suposto traballos de xente non suscrita á lista
de correo.

4- existencia só de coordinadores de proxectos.

por exemplo, de GNU, de GNOME, de HOWOTs, de cada guia en particular,
lista de correo, ...


eu creo que a máis polémica é a primeira, nas outras estaremos máis
dacordo. e tamén pode ser convinte engadir algunha ... pero iso, que
comece o "combate" ... ;)))


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@cfutura.com>

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux [http://www.debian.org] <-> GNU [http://www.gnu.org]

Attachment: normas.html.gz
Description: GNU Zip compressed data

Responderlle a