Ola, vexo que estou incluido nesta lista, aínda que nunca participei en
iniciativas do mundo Linux, aínda asi alegrome moito de estar incluido nesta
rolda. Quixera aportar o meu punto de vista e facer unha serie de
ofrecementos.

    Para empezar debedes de saber que eu estou dentro do grupo de traballo
de Galego21 (www.galego21.org), e que nestes intres estamos a piques de
constituirnos legalmente como asociación sen ánimo de lucro (ou sexa cuns
estatutos e toda a parafernalia). Como vin que se prnatexou na lista este
tema (o de constituirse, etc..), ofrezco esta cobertura legal para o LeGal,
asi pois invitovos a entrar dentro da cobertura legal, e pedindovos que
tomedes parte activa en dita organización, ou sexa entrar na directiva, e
formar un grupo de traballo independente.
    Non pretendo con esto facer ningun tipo de caralladas de absorción, nin
bobadas deste tipo, tan só ofertar unha infraestructura que estamos facendo
unha xente que traballamos polo software en galego e por conquerir unha
penetración do noso idioma na rede, e tentar aunar esforzos en todo este
camiño que nos prantexamos moita xente.

    Bueno.... mais ofrecementos: agora temos pagado un dominio e un servidor
ata dentro de 2 anos, ou sexa temos servidor Web, dominio propio
(www.galego21.org) e servidor de correo electrónico (podemos dar de alta
buzóns de correo gratuitos co formato 'usua...@galego21.org'). Ofrezo estes
servicios (servidor Web, altas de correos, etc..) a LeGal, sen ningun tipo
de custo nin ná de ná.

    Agora unha serie de opinións:
    -----------------------------------


    Pola experiencia que teño, o mellor sistema de reparto de traballo, é
establecendo prazos, de tal xeito que se 'un membro' non os cumple, tentar
ver o por que, poidendo reasignar a tarefa a outra persoa de xeito rápido, e
sen eternizarte esperando o remate dun traballo que ao final non  se esta a
facer. Por suposto que neste tema os 'coordinadores' deben de ser flexibles,
e coñecer os motivos do retraso, facendo un seguimento de cada un dos
membros.

    O tema da normativa..... poñedevos de acordo agora ao principio, non
perdades moitos esforzos neste tema (ou sexa non queimedes 'a xente' cunha
discusión inacabable), pero unha vez postos de acordo (pensade ben todos os
pros e os contras) procurade unificar o tema, ou sexa editar unha serie de
normas de estilo a cumplir por todo o mundo.

    Estou empezando a mirar o tema do Netscape 6 (o Mozilla), e vexo que o
traballo que se faga para Windows, vai ser totalmente aproveitable para
Linux, ou sexa que non creo que haxa que duplicar traballos neste senso, e
incluso se poden abrir vias de traballo nas duas plataformas para combinar
os resultados. Aínda o estou a estudiar, pero creo que se podería facer así.


    Bueno, mais nada polo de agora.


    Camilo Regueiro

Responderlle a