olá:

antes de nada, estivemos a falar o venres á noite nenhum e máis eu, e
dixo que quería suscribirse así que aquí está.

xa levávamos tempo falando de portais de linux en galego; moit@s aínda
non saberedes moito de que vai a historia así que ahí vai:

hai varios meses un rapaz mandou unha mensaxe a varios grupos (GLUG,
Gzlinux e GPUL creo) pedindo colaboración para un portal de Vieiros e
Galego21. en principio ía ser de tecnoloxía (informática, tfonía móbil,
...) e en galego; e eu intereseime. pero isto tería que estar xa en
febreiro e aínda non se sabe nada (e non me respostan ao correo), así
que eu creo que é mellor irse esquecendo deste tema.

despois, outro dunha empresa (www.dinaweb.com) prantexou un portal de
linux na lista de gzlinux. este agora é o presidente dunha asociación de
empresas relacionadas con internet, e supoño que o portal estaría
relacionado con esta asociación. nestes momentos non teño máis
información.

pois ben, un dos temas da conversación con nenhum foi que el prantexou
que, con ese panorama, el e máis eu fixéramos un slashdot galego (estilo
pontobr.org, gildot.org, ¿barrapunto.org?). ao final acordamos que o
primeiro paso podería ser manter algo semellante pero relacionado co
legal, a ver se lle interesaba á xente e esas cousas, e que despois xa
se vería. sería como unha sección máis ou algo así.

era tarde e deixamos así a cousa no aire, sen especificar moito como ía
ser nin nada diso ... así que tampouco vos podo dar máis detalles.
e supoño que tod@s tedes claro máis ou menos como sería así que non fará
falla tampouco ;))

que opinades?


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@cfutura.com>


Responderlle a