Revisádea e cando estea, enviámola.

-- 

   Tarrío                                          Fidonet: 2:348/105.93
(Compostela)
Adicado a Joel 'Espy' Klecker

O 11 de xullo de 2000, o Proxecto Debian, e a Comunidade do Software Libre
en conxunto, perderon un moi querido amigo e desenvolvedor. Porque durante a
maior parte da súa vida, Joel estivo a loitar cunha enfermidade coñecida
como Distrofia Muscular de Duchenne. Dende xullo de 1997, Joel foi un
desenvolvedor de Debian, e o máis dese tempo estivo na cama pola súa
enfermidade. Joel tiña 21 anos cando morreu, moi lonxe da idade madura que
imaxinamos que a máis da xente do noso campo alcanzará. A súa grande
adicación ao proxecto é un modelo para todos nós, e nunca será esquencida.

Os máis de nós coñeciamolo como "Espy", o seu alcume do IRC, e tamén coma a
voz directa que oiamos nas listas de correo, que nunca temía expresa-la súa
opinión do xeito que só Joel sabía facer, con humor e directamente. El
mantiña un nivel de excelencia en moitos paquetes importantes para Debian. A
súa mestría e os seus coñecementos nunca se puñan en cuestión. Os que
tivemo-la honra de seguir co traballo que fixo para nós seguiremos a tratar
de mantelo no seu grao de perfección técnica.

Os máis de nós non sabiamos das probas que Joel soportaba tódolos días da
súa vida. Non foi ata a fin que soubemos que padecía esa enfermidade. Só
agora nos decatamos da súa adicación, e da amizade coa que nos agasallaba.
Así que como mostra do noso aprecio, e na memoria da súa vida modélica, esta
versión de Debian é para el.

 * A Distribución "Joel 'Espy' Klecker"

-- Os Desenvolvedores de Debian

Responderlle a