Wed, Sep 06, 2000 at 06:32:29PM +0200, Santiago Garcia Mantinan escribiu:

>En fin, como traducir digest, se é de comida e dixerir, senon, pois resumir,
>nunha lista de correo cecais empaquetar, non sei, pero inda e peor cando
>les as frases enteiras:

        Mmmmm, o problema con "dixerir" é que non se pode traducir
harmónicamente o substantivo ("a digest"), porque a ver que lle pos...
¿dixesta? ¿dixerimento? :D

        E o problema que eu lle vexo é que eu non identifico "digest" con
"dixerir", polo que me parecen cousas distintas (non é como ver "mensaxe" e
"message")

>Non-digested Members of nomedunhalista: ...
>Digested Members of nomedunhalista: ...

        Pregúntome se isto soa ben en inglés. :D

>Membros da lista tal que a reciben resumida...
>
>Cecais mellor que resumida empaquetada, ou compactada porque resumir non se
>resume nada, ou mesmo dixerida, xa que a pasas por un cacharro que ven se
>pode dicir que a dixire, non?

        Mmmmmmm, eu poría:

Membros que reciben a lista "tal" resumida:

        (Non é exactamente o que di en inglés, pero sobrenténdese que os
membros son membros da lista, digo eu).  Se cadra:

Membros da lista "tal" que reciben un resume:

        É que iso de "que a reciben" non me gusta demasiado. O:)

        E en canto ó nome... si é máis problemático, porque efectivamente
non é un resume... ¿pero que outras posibilidades hai?  Teño lido
"informe", pero... bufff.  E de "compactar" e "empaquetar" só sae
"paquete", que é tamén un pouco difusa... :-m

>Conceal yourself from subscriber list?
>Oculta-los seus datos na lista de suscriptores?
>:-???

        Si.  Tamén podes usar "agochar" en vez de "ocultar".

>Falando de MIME out texto simple e duro, traducín Plain Text por Texto Puro,
>que vos parece?

        Pois nunca o pensara, eu uso "texto plano", realmente defíneo
mellor iso de "puro", aínda que ó principio soe peor.

>Mail delivery por entrega de correo, ou tedes algunha mellor?

        Non, esa está ben (no diccionario para "deliver" temos "entregar" e
"enviar")

>Por certo, en cando teñamos a máquina funcionando vos podedes subscribir,
>supoño que serán nuns días, unha semana como moito ;-) (www.arroutada.org)

        Aínda non sei se irei á party... ¿ti pensas que Paquiño Vázquez me
pagará a viaxe? X-)))

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a