Ola,

        Ben, aquí temos un exemplo de xente que fala de GNU/Linux pero que
non semella usalo demasiado. :)))

        Haberá que avisarlle de que existimos... e algún día de estes
habería que facer "oficial" a páxina.  ¿Alguén sabe se é factible que os de
Vieiros poñan unha noticia sobre isto?

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--- Begin Message ---
-------------------------- eGroups Sponsor -------------------------~-~>
eLerts
It's Easy. It's Fun. Best of All, it's Free!
http://click.egroups.com/1/9068/6/_/_/_/969037219/
---------------------------------------------------------------------_->

Ola,

Esta mensaxe chegou á rolda de GALICIA-L. Decatádevos da casualidade de que
o proxecto 1 pareza o Xis e o 2 ao TRASNO.

Agora, estou seguro que Miñoca nos coñece ¿Que facemos con isto?

Saúdos
Roberto


----- Original Message -----
From: Miñoca <minh...@wanadoo.es>
To: <galici...@listserv.rediris.es>
Sent: Friday, September 15, 2000 12:29 PM
Subject: [GALICIA] Solicito axuda en proxectos informaticos-linguisticos


> Esta mensaxe vai ser recibida por moita xente. Prego ós receptores que
> lle deades o máximo pulo, por ver se os dous proxectos de que tratan
> poden chegar a bo porto.
>
> Dende a Concellería de Normalización Lingüística, do Concello de Vigo,
> formouse unha "Comisión Cidadá de Normalización Linguística", dependente
> do Servicio de N.L.
>
> Nesa Comisión están representadas asociacións en defensa da nosa lingua,
> partidos políticos, ... e tivemos a última xuntanza este xoves, día 14
> de setembro, na que, entre outras cousas, se deu lectura a unha serie de
> proxectos apresentados por A Mesa, Nais e Pais polo Ensino en Galego e
> Ciberirmandade da Fala.
>
> De entre os proxectos da Ciberirmandade da Fala destacan dous, dos que
> falarei de seguido. Tales proxectos SUPERAN os coñecementos e
> posibilidades da Comisión Cidadá, polo que se autorizou a formación
> dunha "Comisión de Traballo" de Informática, que está por ver se se pode
> constituir, dependendo do voluntarismo que haxa en levalos adiante, polo
> que neste correo se solicita xente con coñecementos disposta a perder
> tempo, e tamén, aportación de ideas.
>
> Para que a normalización da nosa lingua sexa un feito, é necesario que
> estea presente en tódolos eidos da vida. Entre eles, a informática. Máis
> se temos en conta que a maioría dos usuarios (e curiosos) de tales
> aparellos son mozos e mozas, precisamente o grupo de xente onde pior vai
> a nosa lingua. Entón, sería moi interesante ofrecerlle á cidadanía
> ferramentas informáticas na nosa língua.
>
> Os proxectos defendidos pola Ciberirmandade da Fala, en representación
> da que estou a falar, son os seguintes:
>
> 1) CERTAME DE PROGRAMACIÓN EN GALEGO
>
> Existe, dun xeito illado, software en galego. Seria interesante xuntalo
> todo e ofrecerllo á cidadanía.
>
> Proposta: convocatoria dun "Certame de Programación en Galego", no que
> os programadores, empresas e institucións achegaran os seus traballos,
> tanto de uso libre como "shareware" (software que pode ser probado antes
> de mercalo). Co material recompilado poderíase editar un CD-ROM que
> sería distribuído empregando as canles dalgún medio de comunicación, ven
> gratuitamente, ven cun sobreprezo pequeno. Nese mesmo CD-ROM, poderíase
> engadir "recursos" galegos de internet, como sería unha recompilación de
> páxinas webs que estean na nosa lingua, e tamén canto material
> linguistico puderamos engadir.
>
> O custo da estampación dun CD-ROM pode estar (estimacións persoais)
> entre 80-100 ptas., polo que sería moi doado cubrir gastos cun pequeno
> sobreprezo.
>
> 2) Proxecto GNU/LINUX en Galego
>
> O concello está obrigado a contar cuns gastos para poder usar certo
> software "propietario", como os sistemas Windows 9X/NT, aplicacións de
> ofimática (Microsoft Officce, Lotus, WordPerfect, ...). Descoñecemos o
> importe, máis de seguro que é unha cantidade significativa anual, máis
> se temos en conta que de cando en vez, hai que actualizar o software.
>
> Por contra, existe software libre que o concello podería empregar sen
> ter que mercar licencias, software dun alto rendemento e estabilidade,
> superando, na maioría dos casos a aplicacións e sistemas operativos
> comerciais de uso maioritario, como é o Windows 9X/NT e as aplicacións
> de ofimática tipo Microsoft Officce.
>
> Concretamente, temos o caso do Linux, sistema operativo que conta con
> millóns de usuarios e centos de miles de persoas que traballan en equipo
> para facelo cada día mellor, e unha numerosa cota de aplicacións tipo
> ofimática. A grande vantaxe deste software é que é de uso libre, e o
> "código fonte" é tamén público.
>
> Proposta: que o Concello de Vigo, só ou en colaboración con outras
> administracións locais (xa que a Xunta non está por esta laboura) e/ou
> en concordancia con entes privados, formen unha equipa de persoas que
> traballen pola galeguización do Linux e aplicacións correspondentes. En
> calquera caso, os gastos serían rapidamente rendibles, pois nunca máis o
> concello tería que gastar un pataco en mercar licencias. E de paso,
> pódese ofrecer á cidadanía (gratuitamente ou por un prezo módico que
> cubra parte dos gastos) o traballo desenvolvido.
>
> --------
> Se os anteditos proxectos non vos parecen interesantes, non sigades
> lendo.
>
> Ó meu ver, é máis factibel o primeiro dos proxectos, pero non hai por
> que desbotar o segundo.
>
> Se tes interese:
>
> 1.- Dadelle difusión á presente mensaxe.
>
> 2.- É necesario organizar un grupo de xente con coñecementos en
> informática que estean dispostas, dun xeito voluntario, a participar
> presencialmente nas vindeiras convocatorias da Comisión de Traballo en
> Informática, a fin de discutir a viabilidade, apresentarllos á Comisión
> Cidadá para a toma en consideración por parte da Concellería de N.L.,
> organizar os proxectos, e en parte, colaborar na sua execución. SEN
> XENTE DISPOSTA, NON HAI PROXECTOS, polo que pregovos celeridade na
> resposta.
>
> Se estás disposto/a a participar, é necesario plantexarlle ó plenario da
> Comisión Cidadá o teu ofrecemento, para que sexas convidado. Solicito a
> seguinte información:
>
> Nome e Apelidos, Teléfone, e-mail (se o tes), Coñecementos informáticos,
> ¿En nome propio ou en representación dalgunha organización
> (especificar)?, Observacións (non dos proxectos, senón das tuas
> posibilidades ou outras cuestións).
>
> O anterior, envialo a <minh...@wanadoo.es>, non á lista de correo da que
> falo de seguido.
>
> 3.- Se non tes coñecementos e/ou non podes participar presencialmente,
> se cadra, podes aportar ideas para a sua valoración por parte da
> Comisión Informática. Entón, convidote a participar na nova lista de
> distribución que veño de crear, que se atopa en
> <ccnl-informat...@egroups.com>. Se te interesa participar na lista,
> envia unha mensaxe sen texto ó seguinte enderezo:
> <ccnl-informatica-subscr...@egroups.com>, ou avisame e eu te rexistro.
> Serán benvidas cantas suxestións, criticas, informacións, ... teñas a
> ben aportar.
>
> Pois nada máis.
> --
>      Saude.
> ......................................................................
> Miñoca (Alexandre Prieto). Vigo-Galiza. mailto:minh...@wanadoo.es
> Nais e Pais polo Ensino en Galego http://www.amesanl.org/npeg
> Software en galego http://www.galego21.org
> Ciberirmandade da Fala http://www.ciberirmandade.org
> Grupo de novas galegas: soc.culture.galiza
> ......................................................................
>
>
> ----------------------------------------------------
> Os artigos de GALICIA-L estanse a distribuír coa colaboracion técnica
> de RedIRIS - Rede Académica española - (http://www.rediris.es)
> ------------------------------------------------------
>
>
>


------------------------------------------------
 galego21.org: O galego no terceiro milenio
------------------------------------------------
Para desubscribirse desta rolda, envíe unha mensaxe a: 
galego21-unsubscr...@egroups.com





--- End Message ---

Responderlle a