Ola:
        Non sei que saiu nos media sobre o proxecto do concello de Vigo de
sacar unha distribución linux, mais como teño algo que ver no asunto ai van as
seguintes aclaracións.

Hai xa uns meses (ainda non existia o Trasno), escrebin un artigo sobre as
posibilidades de termos software en galego, que posibelmente a maioria xa
coñecedes:

http://members.xoom.com/RamonFlores.1
http://simil.com/synapsis/228/g/syn228_g.htm

Enviei-lle o artigo a várias persoas, e unha delas, Alexandre Prieto,
pareceulle interesante, e dixo-me de eu apresentar a idea perante a 
Comision Cidada de Normalizacion Linguistica do Concello de Vigo, que se estaba
a criar daquelas. Non vivindo en Vigo, e estando como estou mui liado, declinei
a invitación e quedamos que cando poidera el falaria do tema na dita comisión.

O dia 14 enviou-me un correo anunciando-me que ian discutir sobre o tema, citoo:

> Acheguei á Ciberirmandade a convocatoria da xuntanza da CCNL, e nela van
> as propostas de A MESA, Nais e Pais polo Ensino en Galego e
> Ciberirmandade da Fala. A verdade que me esquecín que ti non estás na
> ciberirmandade, polo que non te chegou. Vai, polo tando, no arquivo
> adxunto (arquivo zip contendo arquivo rtf).

> O interesante do que te envio é unha das propostas da ciberirmandade: o
> teu proxecto de sacar unha distribución de GNU/Linux en galego.
> Lembraras que estiven buscando xente para montar unha "Comisión técnica"
> de cuestións informáticas. Pois non se vai montar por falla de
> voluntarios. Pero en calquera caso, é posibel que se discuta mañán xoves
> (que é cando imos ter a xuntanza) o teu proxecto, ou polo menos, supoño
> que se falará por riba de tódolas propostas. Eu levarei as tuas
> reflexións de "COMPUTADORES GALEGÓFONOS".

Por telefono comentei-lle a existéncia do proxecto Trasno, e que xa habia
bastante feito. Tamén lle enviei un correo co enderezo do site do proxecto.

Como digo non sei o que saiu na prensa, nen que noticias vos chegaron. Tampouco
sei o que se falou na xuntanza da CCNL. Mais ouso aventurar o seguinte:

A CCNL non vai facer unha distribución de Linux sen contar co Trasno.  Ás
avesas, a CCNL buscará a colaboración do Trasno. É mais, supoño que terian muito
interese en que alguen do Trasno formara parte da CCNL.

De feito Alexandre Prieto quedou en enviar un correo para por-se en
contacto. Por se queredes adiantar-vos o seu enderezo é:
<minh...@wanadoo.es>

Por certo el non controla muito de linux, mais é un rexo loitador polo galego,
de feito é quen leva actualmente as ciberirmandades.

Un saudo
        Ramón









--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a