El día 17/Sep/2000, Jesus Bravo Alvarez escribía:

>       Outro asunto é xa a viabilidade do proxecto (facer unha
> distribución de Linux non é trivial, mesmo estando baseada noutra xa
> existente)

        E aparte de non ser trivial, é unha carallada :-) Hai xa suficientes
distribucións de Linux; si queremos que haxa algunha en galego, o que hai que
facer é traducir os programas que a forman (como xa estamos a facer), e así
*calquera* distribución será "en galego". Quedarían os programas de
instalación particulares por traducir, pero iso sería algo secundario.

        E que eu, en canto cheiro de lonxe algo de burocracia ou calquera
organización de xerarquía piramidal, xa teño arrepíos :-) E facer unha
distribución en galego cheirame demasiado a "imos facer algo para darlle de
que falar ós medios". Opinión personalísima, coma sempre :-)

        (¿Que dixo que os galegos éramos uns individualistas? :-D)

-- 
             Roberto Suarez Soto             ·           Help me ...
               ask...@gpul.org               ·           Heal me ...
          Corgo/Lugo/Galicia/Spain           ·           Kill me ...

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a